Que taxación aproximada ten a miña vivenda?

Contámosche que factores inflúen á hora de fixar o valor de taxación da túa casa

Taxar unha vivenda é o proceso polo que un profesional homologado polo Banco de España determinada o seu valor dentro do mercado inmobiliario. Como saber o valor real dunha vivenda? Son moitos os factores que inflúen no valor de taxación final e só un taxador homologado pode determinar cal é o valor da vivenda. No entanto, existen determinados factores que sempre son tidos en conta e grazas aos cales podemos coñecer unha taxación aproximada da nosa vivenda.

Nunha operación de compravenda dun inmoble, a taxación é un dos trámites que nos requirirá a entidade bancaria. Isto é así porque o financiamento que ofrece o banco ao comprador fíxase en función do valor de taxación establecido polo profesional correspondente. Polo tanto, estamos falando dun proceso obrigatorio e decisivo á hora de comezar calquera transacción inmobiliaria.

Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Gastos fixos na compra dunha vivenda

A taxación da casa é un trámite que podemos tamén facer se queremos pór a nosa casa en venda. Pode orientarnos como propietarios acerca do prezo que podemos pedir por ela.

Á entidade bancaria sérvelle a taxación por dous motivos:

  • Para asegurarse do valor real da vivenda . Isto garante ao banco que, en caso de falta de pagamento do cliente hipotecado, a débeda poida ser cuberta volvendo pór o piso á venda.
  • Para establecer o importe do financiamento que concederá á persoa que solicite unha hipoteca para comprar esa vivenda. En xeral, este importe é un 80% do valor da taxación, que non do valor de venda. Se se trata de hipotecas de segundas vivendas, o importe adoita ser algo inferior. Por exemplo, se o valor de venda é de 100.000 € e o de taxación de 80.000 €, o 80% aplicarase aos 80.000 €. É dicir, o banco concederá como máximo unha hipoteca por valor máximo de 64.000 €. 

Documentos necesarios para realizar a taxación

É importante coñecer todos os documentos que temos que achegar, para que lle sexa máis fácil ao taxador proceder á taxación:

  • A escritura da propiedade.
  • Certificación rexistral acreditativa da titularidade e cargas do inmoble, así como a súa descrición completa, incluídos os dereitos reais e as súas limitacións.
  • Nota simple no rexistro.
  • Os planos do inmoble.
  • Se se trata dun edificio en proxecto, o proxecto visado polo colexio profesional competente.
  • Se se trata dun edificio en construción, a fotocopia da licenza de obras e o proxecto visado polo colexio e o concello correspondente, a licenza de obra e a última certificación de obra executada.
  • En caso de vivendas suxeitas a protección pública, cédula de cualificación ou documento administrativo que acredite o prezo máximo en venda ou alugamento.
  • No caso de edificios, documento acreditativo da expedición do seguro de danos materiais, e en caso de que fose cedido o seu uso total ou parcialmente, o contrato de arrendamento ou título de ocupación.
  • En caso de ser un terreo edificable sobre o que se quere construír a vivenda, a cédula ou consulta urbanística por escrito e o plano catastral ou parcelario, e para as propiedades rústicas documentación catastral relevante ao seu réxime de explotación, ao dereito de rega e a do seu rendemento

Unha vez que o taxador teña todos estes documentos no seu poder, poderá comezar a facer a taxación da vivenda. O Banco de España establece que o encargado final de escoller o taxador sexa o propietario da vivenda ou o interesado en solicitar a hipoteca ao banco.

O proceso que segue o taxador:

  • O taxador ten que visitar e inspeccionar o inmoble. Calquera taxación que se faga a distancia, por exemplo mediante unha taxación en liña, non ten un carácter vinculante senón meramente orientador.
  • O taxador está obrigado a analizar os planos de todas as estancias da vivenda, tanto privadas como de uso común.
  • No informe de taxación ten que comprobarse que o predio rexistral que se vai taxar é o correcto.
  • O taxador tamén ten que comprobar que non existe ningunha irregularidade urbanística que afecte o inmoble que se vai taxar.
  • Por último, ao documento de taxación hipotecaria débense anexar seis testemuñas de taxacións reais da mesma zona. 

Elementos nos que se adoita fixar o taxador

Só un taxador homologado polo Banco de España pode establecer a taxación da túa casa, porén, coñecer os elementos da vivenda en que todos eles se adoitan fixar pode axudarche á hora da taxación que fagan da vivenda:

  • O estado do edificio: á hora de calcular o valor da vivenda inflúe moito se o edificio no que se atopa o obxecto está rehabilitado ou non, ou se pasou a inspección técnica.
  • A situación da vivenda: a localización é fundamental á hora de valorar a casa. Neste aspecto, tense en conta se está no centro da cidade, se en caso de non o estar ten boa conexión de transporte público, se é unha zona maioritariamente residencial ou máis empresarial, se hai bares, tendas, parques, etc.
  • A superficie da casa: cantos metros cadrados ten e cantos deses son habitables.
  • A orientación: Non é o mesmo que un piso estea orientado ao norte ou ao sur. Un piso con moitas horas de luz natural, se está orientado cara ao oeste por exemplo, terá mellor valoración. Ademais da orientación, as vistas tamén teñen un papel importante á hora de taxar a casa.
  • A distribución dos cuartos: Nunha casa os metros non o son todo, senón que a distribución e a organización das estancias tamén son fundamentais para a taxación. Un piso moi grande con corredores moi longos e estreitos, por exemplo, terá menos valor de taxación que un cos mesmos metros habitables pero cunha distribución máis cómoda.
  • Ascensor no edificio: a capacidade de acceso e de mobilidade para persoas con algún tipo de mobilidade reducida é un factor que hai que ter en conta para aumentar o valor da casa. 
Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

BBVA Valora

Ademais de teres todos os factores anteriores en conta, se queres saber o valor aproximado da túa casa, non o dubides, calcula o valor do teu piso coa aplicación BBVA Valora. Grazas a ela poderás analizar a túa vivenda de maneira fácil e rápida. Simplemente terás que introducir a súa situación, especificando piso e porta, e BBVA Valora proporcionarache un valor aproximado da vivenda, que en ningún caso equivale ao seu valor de taxación ou ao valor real dunha vivenda.
CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.