BBVA para non clientes

Proba a app e coñécenos pouco a pouco

Se es de probar antes de decidir, coa nosa app terás á man as funcionalidades máis destacadas do banco aínda que non sexas do BBVA. Gratis, sen compromiso e coa maior seguridade.

Sorprenderache que unha app así sexa para non clientes

Compróbao! Só tes que rexistrarte nuns minutos para accederes a todo isto.
  • Ferramentas para as túas xestións, como pedir cita, pagar recibos, compartir gastos ou agregar bancos para ver as túas finanzas.

  • Servizos para axudarche en momentos concretos, como a tramitación de herdanzas ou o seguimento da túa solicitude de hipoteca en Espazo Hipoteca.

  • Outras experiencias no BBVA, como acceder a Aprendemos xuntos, a descontos en marcas ou ás promocións do banco.

Poderás pedir cita para falar co BBVA sen esperas

  • Faino desde a app, en poucos pasos.
  • Indicarémosche cando é a túa próxima cita e se é por teléfono ou na oficina.
  • Poderás modificala se o precisas.

Terás funcionalidades para as túas xestións do día a día

Agrega os teus bancos á app para teres unha visión de todos os teus produtos e da túa situación financeira.

Con BBVA Valora poderás acceder a información relevante e tomar mellores decisións.

Paga os teus recibos non domiciliados con facilidade e de forma gratuíta.

Calcula o teu soldo neto mensual ou bruto anual ou o teu gasto en gasolina no caso de que viaxes.

Contarás con solucións que te acompañarán cando as necesites

  • Buscas unha hipoteca que se adapte a ti? Co noso simulador poderás calcular en poucos pasos canto pagarías ao mes e cal é o tipo de hipoteca que máis che convén.
  • Despois de simular a túa hipoteca, poderás tramitar e dar todos os pasos necesarios desde a app, en Espazo Hipoteca. Avanzar na túa solicitude será máis áxil e sinxelo.
  • Se necesitas xestionar unha herdanza, estamos ao teu lado ao longo do proceso para que todo sexa o máis rápido e sinxelo posible.

E poderás seguir descubrindo o BBVA cada día

Con Aprendemos xuntos poderás escoitar persoas que nos inspiran a construír unha vida mellor.

Aproveita as nosas ofertas e descontos directos en marcas de diferentes categorías.

Accede aos produtos e servizos BBVA e coñece as nosas promocións antes ca ninguén.

Descubre as funcionalidades máis valoradas, por se queres dar o paso e facerte do BBVA.

Non necesitas ser cliente para empezares a coñecernos

Máis de 200.000 persoas xa se rexistraron e gozaron da app sen ser clientes.

Resolvemos as túas dúbidas

* BBVA Valora é un servizo do Grupo BBVA que está constituído por cinco ferramentas: canto pode custar, como é o barrio (titularidade de Madiva Soluciones S.L.), como facer os teus números, gastos da túa casa e Comprar ou Alugar (titularidade de BBVA S.A.).

**O Servizo "Promocións en Comercios do teu interese" é prestado por BBVA SERVICIOS SAU ("BBVA SERVICIOS") con domicilio en Madrid, c/ Azul 4, CP: 28050 e CIF A28486660. Para as incidencias relacionadas con este servizo, podes dirixirte ao teléfono de atención ao cliente 918 360 396.