Apartados. A túa nova forma de aforrar

Permíteche aforrar ou xestionar as túas finanzas de maneira rápida e eficaz desde a túa propia conta

Separa unha cantidade determinada de diñeiro dentro da túa mesma conta

Permite realizar achegas en calquera momento en contas monotitulares, e retirar o diñeiro cando o necesites, devolvéndoo á conta principal.
  • Aforras sen gastos e comisións.
  • Non necesitas abrir unha segunda conta para poder aforrar.
  • Ferramenta intuitiva e fácil de usar.
  • Só dispoñible desde a app do BBVA.

Que é Apartados?

  • É unha ferramenta moi intuitiva e fácil de usar que che permite aforrar desde a túa propia conta apartando unha cantidade concreta de diñeiro, sen necesidade de abrir novas contas. Para crear o apartado, só hai que lle pór un nome, decidir canto diñeiro queres separar e escoller a conta en que se vai crear.

Como se abre un apartado?

  • Sigue estes pasos:

    • Pon un nome ao apartado
    • Determina sobre que conta o vas crear
    • Engade un importe

    E con iso xa podes crear o teu apartado e empezar a acumular saldo, ou devolver diñeiro á túa conta se o precisas. Aforra facilmente desde a túa propia conta e aproveita a máxima "se non o vexo, non o gasto!".

O teu banco no móbil coa app do BBVA

Funcionalidades relacionadas

Aínda non te convencemos? Proba entón a app do BBVA mesmo sen seres cliente e verás

É posible que sexa porque o amor a primeira vista non está feito para os bancos.

Pero non pasa nada, sexamos amigos. Podes usar a nosa app SEN ser cliente e, quen sabe, talvez acabes namorándote co tempo.

  • Controla todos os teus bancos desde un só lugar. 
  • Xestiona os teus gastos e ingresos de forma ordenada e mellora os teus orzamentos.
  • Toma mellores decisións se vas comprar, vender ou alugar a túa casa con BBVA Valora.
  • Accede agora a todo o contido de Aprendemos xuntos con funcionalidades exclusivas: podes seleccionar o teu tema favorito e ver os vídeos máis populares.
  • Todo sen necesidade de contratar ningún produto nin ser cliente.

Próbaa gratis e faite usuario nun minuto