Como taxar un piso

Antes da compra e a venda dun piso, é importante asegurarse do seu valor real. Coñece como acceder a el.
É moi importante coñecer o valor real do inmoble tanto á hora da compra como da venda. Existen certos criterios que estipulan unhas directrices xerais de como taxar un piso para fixar de maneira oficial cal pode ser o seu prezo no momento da compravenda. Contámosche a seguir algúns detalles a respecto diso e descubrímosche tamén como acceder de maneira sinxela a unha valoración.
Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Quen pode e como se taxa un piso

A taxación dunha vivenda faina un taxador homologado. Estes fan as súas valoracións de maneira neutral. O primeiro paso, antes de proceder á taxación, é solicitares un orzamento a un taxador. Se aceptas o orzamento, o taxador iniciará as xestións, pedirá unha nota simple ao rexistro da propiedade, comprobará as características do inmoble e cotexaraas coas informacións oficiais de catastros e concellos ademais de coa información provista polo cliente e, finalmente, fará a taxación do inmoble.

É importante que o taxador teña acceso ao inmoble, xa que só así se poderán levar a cabo certas comprobacións in situ, como o estado da vivenda ou posibles erros de medición calidade dos materiais, servizos accesorios que poida ter o inmoble, etc. Este tipo de comprobacións permitirá ao comprador solucionar posibles erros na escritura.

Algo relevante para determinar a valoración dunha vivenda é, por exemplo, o estado do edificio en que se encontra a vivenda, xa que de aquí depende en gran medida o valor do inmoble. Un edificio antigo pero con todas as inspeccións en regra e ben conservado será un garante de calidade superior a un edificio máis moderno pero en mal estado ou, por exemplo, deficiente en calquera das inspeccións técnicas de edificios.

E isto, pola súa parte, ten moito que ver coa distribución do edificio. Non sempre se construíu cunha distribución de cuartos igual de cómoda, de modo que nesa análise se estuda igualmente como se distribúen os metros cadrados do piso e se todos eles son igualmente habitables ou non. Todo taxador ten en conta a distribución dos cuartos, os metros e o espazo, xa que estas son as características que, en definitiva, melloran a calidade de vida no piso.

Outro aspecto importante da taxación é, a situación e orientación ao sol. Este aspecto ten, iso si, unha dobre cara. Por un lado, a situación do piso, en función da rexión, determina dous feitos esenciais para o día a día: a entrada de luz na casa e, sobre todo, o certificado enerxético do piso. Un piso ben iluminado, fácil de ventilar, que reciba a luz do sol desde o amencer ata que anoitece, (suroeste), e que necesite pouca calefacción no inverno será máis atractivo que pisos escuros que requiran grandes doses de enerxía para iluminalo no inverno. Pero a situación non só é importante por cuestións enerxéticas, senón tamén por cuestións de confort. Non todos os barrios son iguais nin teñen unha mesma combinación de transporte público, ruído de estrada ou densidade de poboación. Un bar na esquina ou unha rúa con moito tráfico serán aspectos negativos fronte a espazos verdes ou zonas de relax. Estes factores, sen dúbida relevantes para o día a día, inflúen igualmente nunha taxación. A situación, polo tanto, é decisiva en calquera taxación.

En última instancia, súmanse algúns aspectos que, aínda que algúns considerarán secundarios, tamén serven para revalorizar un piso. Unha vivenda reformada nunha casa nova, por exemplo, contará con mellores xanelas, mellor piso, un bo quentador, quizais un ascensor na comunidade… Todos estes aspectos “engadidos” serven para aumentar o valor dun piso e, en resumo, para determinar a taxación final.

A taxación, polo tanto, non é só unha cuestión técnica de medición, senón que nela son considerados outros elementos que, en función das demandas do mercado, revalorizarán ou depreciarán o valor do metro cadrado habitable.

Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

A proposta do noso banco: BBVA Valora

Como acabas de ver, non é moi sinxelo responder en dúas palabras a pregunta de como taxar un piso. As cuestións técnicas de medición e a mostraxe requirida para unha taxación esixen un estudo pormenorizado dun experto. El é quen determinará o valor da casa. mediante un informe de taxación que recolla e xustifique detalladamente cada un dos aspectos positivos e negativos que inflúen no prezo indicado na taxación.

BBVA Valora é unha fácil aplicación en Internet que xera información procedente de fontes accesibles ao público e, mediante a súa combinación con algoritmos, ofrece información de interese de varios sectores, entre eles o inmobiliario.

Con referencia ás ferramentas para coñecer canto pode valer e como é o barrio, toda a información é obtida a partir da información catastral do inmoble, en cuxo rexistro figuran os datos para as vivendas de toda España, excepto País Vasco e Navarra. Estas dúas comunidades autónomas teñen os seus propios sistemas para calcular o valor catastral (un por cada territorio Foral), e actualmente non dispoñen de consulta en liña.

Se estás buscando casa e necesitas axuda, podes descargar a app Valora View, que te acompañará e te asistirá durante o proceso de busca. Con ela podes dispor da mellor información, podendo enfocar coa cámara a casa que che gusta, para descubrir se está dispoñible para o seu alugamento ou compra e o seu prezo aproximado. 

Os prezos mostrados non son unha taxación oficial, na que un profesional visita o inmoble e analiza o seu estado de conservación e características para determinar un valor. Ademais exclúense aspectos que modifican o seu valor como o estado de conservación da vivenda, características especiais (vistas, altura ou primeira liña de praia) ou equipamentos (xardíns, piscina e outros servizos).

Polo tanto, unha aproximación deste tipo permitirache coñecer rapidamente tres aspectos esenciais para a compra: canto pode valer unha vivenda segundo certos puntos clave como a información do valor catastral, a súa xeoposición, as súas características ou o seu ano de edificación; como é o barrio e a situación nel de compravenda de vivendas, a evolución de prezo ou os tipos de inmobles na zona, e que números deberás facer para asumir a compra ou a venda do inmoble (hipotecas, impostos, gastos, etc.). Todo isto pódelo coñecer en poucos clics con BBVA Valora

CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.