Tes un préstamo hipotecario a tipo de xuro variable e axiña toca a revisión? Calcula o importe da nova cota que pagarías.
É un dos índices de referencia que utilizan os bancos para ofrecer os préstamos aos seus clientes. No BBVA, utilizamos o euríbor a 12 meses, que se publica cada mes.
O euríbor afecta ao tipo de xuro nos préstamos hipotecarios de tipo variable, xa que este se compón do valor do euríbor máis un diferencial. Por exemplo: euríbor + 1,25%. Polo tanto, se cambia o euríbor, cambia o tipo de xuro das hipotecas variables.
O valor do euríbor que haberá no futuro non se pode coñecer de antemán. Como moito, podemos basearnos na evolución deste índice nos últimos meses para ver a tendencia.
Consulta a evolución do euríbor
En cambio, si podemos utilizar calculadoras como esta para simular a cota que pagariamos en diferentes escenarios (co euríbor máis alto ou máis baixo) e estar preparados.