O BBVA conta cunha política de sostibilidade orientada a xerar un impacto positivo na sociedade, buscando que ninguén quede atrás no noso propósito de acompañarte na túa vontade de chegares máis lonxe.
O noso compromiso coa accesibilidade e o deseño universal levounos a impulsar numerosas iniciativas para eliminar calquera barreira que poidan encontrar os usuarios.
O BBVA comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio, de transposición de directivas da Unión Europea en materia de accesibilidade.
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao portal público bbva.es e tamén á banca en liña, tanto na súa versión web como na súa aplicación móbil para Android e iOS.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
Falta de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio.
BBVA.es e banca en liña web:
Aplicación móbil banca en liña BBVA:
A presente declaración foi preparada o 1 de xuño de 2025 e está baseada nas avaliacións realizadas cos nosos equipos expertos en accesibilidade co apoio de avaliacións periódicas dos nosos provedores en accesibilidade.
Debido ao alto volume de actualizacións sobre o existente, da creación de novas funcionalidades ou contidos nas nosas webs e aplicación móbil, ademais da constante avaliación da accesibilidade que levamos a cabo, é posible que algúns dos problemas descritos xa non sexan de aplicación no momento da lectura desta declaración.
Se detectas que algún contido deste sitio web non é accesible ou se tes algunha dúbida en relación coa accesibilidade deste sitio web, podes comunicalo no enderezo electrónico consultasgenerales@bbva.com ou chamando á Liña BBVA 900 102 801.
Se unha vez realizada a solicitude de información accesible ou queixa esta é desestimada ou o usuario non está de acordo, poderá pór unha reclamación ante o Centro de Axuda do BBVA.
Atendemos persoalmente cada barreira detectada polos nosos clientes e traballamos activamente para solucionalas o máis axiña posible.
Procedemento de aplicación
Porase en marcha un procedemento de aplicación axeitado e eficaz ao que debe recorrerse no caso de que a resposta á comunicación ou á solicitude sexa insatisfactoria.
Queremos eliminar calquera barreira de accesibilidade que poidan encontrar os usuarios, e por iso incorporamos aos nosos procesos de traballo o enfoque necesario para conseguilo:
Queremos lembrarlles aos nosos clientes que, para as xestións relacionadas cos seus produtos contratados co BBVA, se non teñen a posibilidade de pórse en contacto por teléfono, poden facelo de forma escrita a través da nosa banca en liña, no apartado "As miñas conversas".
Cada vez son máis os caixeiros da nosa rede que poden ser usados cunha interface simplificada e guiada por audio. Coñece máis sobre a asistencia guiada por audio nos caixeiros BBVA.
Ademais, habilitamos as operacións de “Sacar diñeiro”, “Consultar saldo” e “Cambiar PIN” de maneira que o usuario pode utilizar o teléfono móbil como lector de pantalla ou conectado a unha liña Braille.