OPA hostil

É a oferta pública de adquisición que presenta unha persoa ou entidade, sen a aceptación previa dos órganos de goberno da sociedade cuxas accións se pretende adquirir. Algunhas sociedades establecen nos seus estatutos restricións de voto, de elección de administradores ou outras limitacións (blindaxes), co fin de evitar unha posible OPA hostil. Os accionistas minoritarios deben coñecer e valorar estas medidas anti-OPA, pois en determinadas circunstancias poden lesionar os seus intereses.