Deducións do IRPF por comunidade autónoma

Selecciona a comunidade autónoma na que vives para ver posibles deducións na renda.

As achegas a un plan de pensións teñen deducións no IRPF

Contrata un plan de pensións do BBVA e consigue aforrar fiscalmente coas achegas que realices.

E se xa tes un plan do BBVA

Fai unha achega agora ao teu plan de pensións para conseguires un maior beneficio fiscal na túa próxima declaración da renda*.

Plans de pensións e beneficios fiscais

Consigue unha maior dedución no IRPF.

Dependendo da comunidade autónoma en que vivas encontrarás diferentes deducións fiscais segundo a túa situación: número de fillos, tipo de vivenda habitual, doazóns, gasto educativo ou compra de accións, entre outros. Neste completo simulador detallamos todos os supostos que son deducibles, en función do teu lugar de residencia.

Ademais podes encontrar unha maneira de beneficiarte dunha maior dedución no IRPF se fas achegas a un plan de pensións. As achegas que realices durante o ano desgravaranse da túa base impoñible do IRPF ata a menor das seguintes cantidades: 8.000 € ou ben ata o 30 % dos teus rendementos netos do traballo e de actividades económicas.

*As achegas a plans de pensións individuais son deducibles da base impoñible xeral do IRPF ata os límites establecidos na normativa fiscal, polo que o aforro indicado dependerá do tipo marxinal de quen faga a achega, que poderá variar en función das comunidades autónomas. Entidade promotora e depositaria: BBVA. Entidade xestora: BBVA Pensiones, S.A. EGFP. Os plans de pensións do BBVA contan cun documento cos datos fundamentais para o partícipe, que se poden consultar en w‌‌ww.bbva.es ou en calquera oficina BBVA.

Fonte: Axencia Tributaria.

Plans de pensións BBVA Escoller plan