Simula a túa cota e descubre se poderías conseguir un tipo de xuro máis baixo. Tamén podes resolver dúbidas cun xestor ou pedir un estudo personalizado.
Cambiar o préstamo hipotecario dun banco a outro é un tipo de subrogación que podería ofrecer unha mellora nas condicións do préstamo, sen necesidade de cancelar a hipoteca.
Comproba como quedaría o teu préstamo ao vires para o BBVA.
Ao traer a túa hipoteca ao BBVA, poderías:
Se a túa entidade actual che cobra unha comisión polo reembolso anticipado do préstamo hipotecario, co BBVA poderías financialo.
No BBVA, a apertura do novo préstamo hipotecario non ten comisión. Tampouco terás que pagar os gastos de xestoría, notaría e rexistro.
No caso de que se necesite unha nova taxación da vivenda, terás que pagar ese importe.
Hai dous principais tipos de subrogación:
No BBVA, ofrecémosche a subrogación de acredor.