Os plans de pensións teñen un compoñente de risco que é importante ter en conta en cada produto concreto
Calcula o que queres achegar ao teu plan de pensións
Este simulador de pensións é moi útil para planificar as achegas dos plans de pensións e gozar dun bo futuro, podendo seleccionar entre diferentes produtos adaptados a cada perfil e a cada horizonte temporal de xubilación. Consigue facilmente un exemplo de cal sería o teu plan de pensións ideal.
Tamén permite estimar a contía das achegas e calcular o aforro fiscal obtido pola referida achega durante o primeiro ano; canto máis achegas se realizan, máis se aforra na próxima declaración da renda. Podendo con iso calcular a pensión de xubilación.
Hai que ter en conta que o importe das achegas que realices ao teu plan de pensións deberá ser de ata 1.500 euros. Non se poderán realizar achegas por riba desa cantidade.
Por último, este simulador de prestacións para plans de pensións axuda a estimar o nivel de ingresos que unha persoa terá cando chegue á xubilación grazas ao calculo da pensión (suma da pensión da Seguridade Social máis unha renda vitalicia ou unha renda financeira estimada do aforro acumulado no seu plan de pensións/EPSV).