Como entender os números dunha tarxeta de crédito

Explicámosche que significan os números que veñen impresos nas tarxetas

O significado dos números das tarxetas de crédito e débito adoitan xerar dúbidas. As tarxetas son un dos obxectos cotiáns que máis se empregan e, porén, o usuario non adoita coñecer realmente como funcionan ou, por exemplo, por que teñen toda esa longa serie de números.

Todo ten unha explicación e, no caso das tarxetas de crédito, a numeración ten que ver con motivos de identificación e seguridade. Vexámolos con detalle para poder comprender un pouco mellor unha das ferramentas máis útiles que podemos levar no noso peto.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Os números da tarxeta de crédito, un a un

A numeración das tarxetas de crédito responde a unha normativa internacional, en concreto, a ISO/IEC 7812-1:2006. Aí, estipúlase para que serve cada un dos díxitos que se poden encontrar nestas tarxetas. E non, non son números aleatorios.

O primeiro díxito

A gran maioría de tarxetas de crédito teñen 16 díxitos, aínda que dependendo da compañía que a opere, pode chegar a ter ata 19.

De calquera forma, o primeiro díxito de toda tarxeta de crédito identifica o sector ao que pertence a compañía que emite a tarxeta.

  • 1 e 2: Liñas aéreas.
  • 3: Viaxes e entretemento (entre elas, American Express).
  • 4: Visa
  • 5: Master Card
  • 6: Discovery Card
  • 7: Industria do petróleo.
  • 8: Telecomunicacións.
  • 9: Díxito reservado para uso do país no que opera a tarxeta.

Os sete primeiros números da tarxeta de crédito 

Canda o primeiro díxito, os 6 restantes compoñen o denominado INN (Issuer Identification Number), o número de identificación da tarxeta. Este componse dun código privado que mestura información sobre o emisor da tarxeta e a zona de procedencia xeográfica desta.

Os díxitos restantes (e o último)

A partir do sétimo díxito encontramos a información relativa ao propio titular da tarxeta. Por motivos de seguridade, a forma coa que as diferentes entidades bancarias asignan esta numeración é privada.

Mención á parte merece o último díxito, xa que a súa función é controlar que todos os demais díxitos da tarxeta concordan. Este díxito de control funciona a través do algoritmo de Luhn, que axuda a comprobar que todos os demais números da tarxeta de crédito son os correctos.  

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Medidas adicionais de seguridade

Completando a identificación e seguridade das tarxetas de crédito encontramos a data de caducidade. Este é un elemento que nos pedirán, na inmensa maioría das ocasións, á hora de realizar unha compra pola Internet ou por outra vía telemática.

Para finalizar, no reverso da tarxeta de crédito atópase o código CVC (Card Verification Code), tamén denominado CVV, CW2, CVC2 ou mesmo CID. Este código reforza a seguridade de operar cunha tarxeta de crédito ou débito, xa que só aparece nesta, polo que o único en poder utilizala será o posuidor físico da tarxeta.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.