Como ingresar diñeiro nun caixeiro

Contámosche como se pode ingresar efectivo nun caixeiro, as múltiples opcións que ofrece este servizo, as cantidades que se poden ingresar, etc.

Poderás ingresar diñeiro na rede de caixeiros BBVA tanto se es cliente da entidade como se non o es. Agora ben, o que necesitarás para facer a operación cambiará en cada un dos dous supostos.

Que necesitas para ingresar diñeiro se es cliente BBVA

  • A túa tarxeta de crédito BBVA. As túas claves de acceso (usuario e contrasinal) de BBVA.es ou da app do BBVA.
  • Lembra que o límite máximo que poderás ingresar dunha soa vez é de 10.000 €. 
Báner superior Tarxeta Despues Báner superior Tarxeta Despues
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Que necesitas para ingresar diñeiro se non es cliente BBVA

  • No caixeiro terás que elixir a opción “Acceder sen tarxeta/cartilla”.
  • Elixe a opción de realizar un ingreso a unha conta BBVA.

Ao non seres cliente da entidade, só poderás ingresar 1.000 € dunha soa vez. Para cantidades superiores requírese a identificación da persoa que realiza a operación.

Pasos que debes seguir para ingresar diñeiro nun caixeiro BBVA

Así que teñas todo o necesario para realizar o ingreso, quer sexas cliente quer non, terás que seguir o seguinte procedemento paso a paso para non te perderes:

  • Introduce a túa tarxeta no caixeiro para que apareza a pantalla de inicio.
  • Identifícate co teu número PIN.
  • Selecciona a opción “Facer outra operación”.
  • Selecciona a opción “Ingresar diñeiro”.
  • Selecciona a conta de destino á que queres ingresar o diñeiro entre unha destas opcións:
    • A unha das miñas contas.
    • A outra conta da que non es titular.
  • Introduce o concepto e o beneficiario do ingreso.
  • Sigue as instrucións para ingresar o diñeiro. Lembra que non se poden introducir moedas, só billetes, e que non debes ingresalos con clips nin dentro de sobres.
  • Ingresa o diñeiro pola rañura habilitada. O caixeiro emitirá unha luz verde intermitente para te avisar de que xa o podes facer. Lembra que só se pode ingresar un lote de 100 billetes dunha soa vez, independentemente do importe de cada un, e que se poden introducir ata 3 lotes por ingreso.
  • Na pantalla do caixeiro aparecerá un reconto do diñeiro ingresado e terás a opción de ingresar máis cantidade ou de continuar coa operación.
  • Neste punto terás tres opcións de ingreso: que o caixeiro che devolva parte do diñeiro, ingresar na conta todo o diñeiro introducido ou ingresar outra cantidade.
  • Na pantalla aparecerá un resumo do ingreso especificando a conta de destino, o beneficiario, o concepto do ingreso, o importe introducido e o número total de billetes. Revisa os datos e pulsa “Continuar”.
  • A continuación, terás a opción de gardar a operación como “favorita ou rápida” para realizala outra vez no futuro sen teres que introducir os datos de novo. Tamén che aparecerá na pantalla un xustificante do ingreso e poderás escoller entre “Quero recibo” e “Non desexo recibo”. Se queres obter un xustificante da operación, pódelo obter impreso como un recibo, vía SMS ou correo electrónico, sempre de maneira gratuíta.

Se fas o ingreso a unha conta da que es titular, o diñeiro chegará instantaneamente. Se o fas a unha conta da que non es titular –pero é unha conta BBVA–, o diñeiro chegará no mesmo día.

Báner Central Tarxeta Despues Báner Central Tarxeta Despues
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Funcionalidades avanzadas da operativa

Ademais de ingresar diñeiro nunha das túas contas ou noutra conta BBVA da que non es titular, coa operativa de ingresar diñeiro nos caixeiros poderás facer outras funcións avanzadas.

Límite máximo de ingreso

Poderás ingresar un máximo de 3 lotes de billetes con 100 billetes por lote. É dicir, 300 billetes como máximo divididos en 3 ingresos. Non importa o valor de cada billete.

Opción “Devolución de diñeiro”

Tes a opción de ingresar todo o diñeiro introducido no caixeiro ou unha cantidade menor. Para que o caixeiro che devolva diñeiro, sigue os seguintes pasos:

  • Cando ingreses o diñeiro, na pantalla aparecerache o reconto total de billetes e a cantidade. Pulsa a opción “Devolución de diñeiro” na parte inferior.
  • Indica o importe que desexas que che devolva o caixeiro do diñeiro ingresado.
  • Escolle entre as seguintes opcións:
    • En efectivo: o caixeiro devolverache o diñeiro en moedas ata un máximo de 20 unidades.
    • En conta: elixe a conta de destino onde se fará a devolución (despregarase unha listaxe das contas das que es titular).
CTA Tarxeta Despues CTA Tarxeta Despues

Tamén che podería interesar

  • No BBVA contámosche que significan os números que veñen impresos nas tarxetas de crédito.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.