BBVA España
Coa app do BBVA podes facer todo desde o móbil.
Abrir
Ir ao contido principal
Accede á páxina de Inicio de persoas
  • Persoas
  • Empresas
  • Faite cliente
  • Acceso Acceso Acceso
  • Menú Pechar
Premer enter
Suxestións

    Produtos

    Inicio
    • Contas
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Préstamos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
    • Autorenting
    Promocións e ofertas
    Oficinas e caixeiros
    Newsroom BBVA
    • Español
    • Català
    • English
    • Galego
    • Euskara
    Persoas Empresas
    • Inicio
    • Contas
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Préstamos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
    • Autorenting
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Bizum

        Envía e recibe diñeiro desde o móbil ao instante. Tan fácil como mandar unha mensaxe.

      • O meu día a día

        Consulta os teus gastos e ingresos ordenados por categorías e subcategorías.

      • Pagamento móbil

        Deixa atrás o efectivo e paga as túas compras a través do móbil.

      • BBVA Valora

        Axudámosche a valorar o prezo dun coche, dunha vivenda e moito máis.

      Descarga a app do BBVA

      Xestiona as túas contas e tarxetas, asina, contacta co teu xestor, domicilia recibos. Todo desde o móbil.
      Máis información
      Promocións e ofertas Oficinas e caixeiros Newsroom BBVA
      Acceso Acceso Acceso
      Faite cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA
      Tarxeta Aqua Crédito
      Intelixente, flexible e aínda máis segura
      • Tarxeta sen números impresos, só os ves ti na app.
      • CVV dinámico para protexer as túas compras por Internet.
      • Paga as compras no mes seguinte ou a prazos.
      Solicitar tarxeta
      Se queres contratar este produto, primeiro debes facerte cliente coa Conta Online Sen Comisións + Tarxeta Aqua Débito
      Tardarás menos de 10 minutos. Así que teñas a conta, poderás solicitar este produto.
      Ver vantaxes da conta
      Solicitar tarxeta

      Unha tarxeta de crédito sen números para protexer os teus datos e o teu diñeiro

      A tarxeta non ten números impresos. Así, os teus datos quedan sempre a salvo porque só ti os podes consultar na app do BBVA.

      As túas compras en liña, cun nivel máis de seguridade

      Ao comprar por Internet podes xerar desde a app, ao momento, un CVV dinámico para confirmar o pagamento. Como este código de seguridade caduca nuns minutos, o teu diñeiro queda protexido ante posibles fraudes.
      Solicitar tarxeta

      Paga e mesmo retira efectivo só co móbil. Sen tocar botóns

      Unha maneira segura de usar a tarxeta de crédito evitando calquera contacto. Só tes que engadila ao Pagamento Móbil BBVA, Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.

      Ademais, tes todo o control desde a app

      • Acende e apaga a túa tarxeta

        Non encontras a túa tarxeta de crédito? Apágaa desde o móbil e acéndea cando apareza.
      • Revisa cada movemento

        Enviarémosche notificacións para manterte informado do que pagas coa tarxeta.
      • Optimiza os teus gastos

        Podes modificar o teu límite de crédito e fraccionar as compras directamente co móbil.
      Solicitar Tarxeta Aqua Crédito

      Podes pagar o gasto mensual da tarxeta de crédito como prefiras

      Coa Tarxeta Aqua Crédito podes comprar o que precises e devolver o gasto con flexibilidade. Escolle a forma de pagamento que queiras e cámbiaa en calquera momento.

      • Pagamento total: pagar o gasto mensual da tarxeta de crédito o día 21 do mesmo mes ou o 5 do mes seguinte.
      • Pagamento adiado revolving: pagar unha cantidade fixa ou unha porcentaxe do teu gasto o día 21 de cada mes, ambas con xuros. Tamén o podes facer o día 5 do mes seguinte, aínda que terás que asumir xuros polo recibo ata a data de pagamento.

      E fraccionar ao momento o pagamento dunha compra ou recibo

      O pagamento personalizado revolving permíteche fraccionar o pagamento de calquera compra ou recibo a partir de 50 €. Podes escoller de 3 a 6 meses (con comisión) ou de 7 a 36 meses (con xuros). Calcula a túa cota na app ou en bbva.es.

      Unha tarxeta sostible e dixital que che axuda a coidar o planeta

      A tarxeta física está fabricada con PVC reciclado. Se non adoitas levar contigo a carteira, podes solicitar só a versión dixital e pagar co móbil. Ou utilizar ambas segundo o momento.

      Interésache?

      Consigue a Tarxeta Aqua Crédito de forma 100 % en liña.

      Solicitar tarxeta

      Algunhas dúbidas que che poden xurdir

      A tarxeta inclúe o seguro de atraco en caixeiros, coas seguintes condicións:

      • O límite máximo por indemnización será de 600 € por sinistro e tarxeta e de 1.200 € por tarxeta e ano.
      • A cobertura do seguro alcanzará os 15 minutos posteriores ao momento da extracción do efectivo.
      • Para recibir a indemnización, deberás aboar 30 € en concepto de gasto por franquía.

      Non, non é necesario. Os comercios en liña tipo Amazon ou Netflix permiten rexistrar os datos da túa tarxeta a primeira vez que pagas con ela. Por iso, unha vez rexistrada, non tes que volver introducir un novo CVV cada vez que fas unha compra ou pagas a túa subscrición.

      No primeiro ano a Tarxeta Aqua Crédito non ten comisión de emisión e mantemento. Despois, a comisión anual é de 43 € para o titular e de 35 € para as tarxetas asociadas. 

      De todas as formas, podes aforrar esta comisión segundo o tipo de conta asociada á tarxeta e a vinculación que teñas co BBVA. Máis información.

      No primeiro ano a Tarxeta Aqua Crédito non ten comisión de emisión e mantemento.

      Pasado este tempo, esta tarxeta formará parte do Programa Adiós Comisiones, polo tanto, terás que consultar os requisitos que debes cumprir para que unha das tarxetas que tes asociadas á túa conta non teña cota de emisión. 

      Cando retires efectivo a débito, é dicir, diñeiro dispoñible na túa conta asociada, terás que pagar estas comisións:

      • Caixeiros BBVA en España: 0 %.
      • Caixeiros doutras entidades en España: O BBVA cobrará a comisión da entidade titular, que aparecerá na pantalla do caixeiro antes de retirar efectivo. 
      • Caixeiros fóra de España: 4,5 % (mínimo 3 €).

      Cando retires efectivo a crédito, é dicir, diñeiro do crédito da túa tarxeta, terás que pagar estas comisións:

      • Caixeiros BBVA en España: 4 % (mínimo 4 €)
      • Caixeiros doutras entidades en España: O BBVA cobrará a comisión da entidade titular, que aparecerá na pantalla do caixeiro antes de retirar efectivo. Ademais, sumarase a comisión por retirar efectivo a crédito en caixeiros BBVA en España. 
      • Caixeiros fóra de España: 5 % (mínimo 3 €).

      Cobrarase unha comisión do 3 % sobre o importe equivalente en euros de todas as transaccións que fagas fóra da zona euro, segundo o cambio obtido polos sistemas de pagamento na data en que practiquen a liquidación correspondente.

      Antes de retirar o efectivo, sempre se informará das comisións a través da pantalla do caixeiro.

       

      Co pagamento personalizado revolving, podes fraccionar o pagamento de calquera compra realizada coa tarxeta ou o recibo da liquidación mensual da tarxeta sempre que sexa igual ou superior a 50 €. 

      O importe das cotas mensuais será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros, se é un pagamento personalizado con xuros, ou capital e comisións, se é un pagamento personalizado con comisión) e dependerá do prazo que escollas, dentro dun mínimo de 3 meses e un máximo de 36 meses. Este importe cargarase na conta o día 5 de cada mes. 

      A primeira cota en ambos os casos é distinta: 

      • En caso de pagamento personalizado con xuros, incorpora só xuros.
      • En caso de pagamento personalizado con comisión, incorpora adicionalmente a comisión de adiamento.

      Así que contrates a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular como quedaría a túa cota mensual segundo o prazo que escollas.

       

      Exemplo de pagamento personalizado revolving con xuros:

      • TIN: 18 % anual.
      • Límite de crédito: 1.500 €. 
      • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito a partir do segundo ano: 43 €. Consulta se podes aforrar esta comisión no contrato da túa conta.

      Contratas a Tarxeta Aqua Crédito cun límite de 1.500 €. Nese mesmo día, por exemplo o día 1 de maio de 2020, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 12 meses. Isto é o que terás que pagar: 

      • A primeira cota será de 65,19 €, inclúe só xuros e a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €.
      • As seguintes 11 cotas serán de 148,94 € cada unha.
      • O importe total que haberá que pagar será de 1.703,53 € e a TAE será do 25,75 %, TEDR 19,56 %.
      • Se non tiveses que pagar a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, o importe total sería de 1.660,53 € e a TAE sería do 19,52 %.

      Exemplo de pagamento personalizado revolving con comisión:

      • Comisión por adiamento: 2,9 %, 3,6 %, 4,3 % ou 5 % sobre o importe financiado segundo o prazo escollido de 3, 4, 5 ou 6 meses. 
      • TIN: 0 % anual.
      • Límite de crédito 1.500 €. 
      • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito a partir do segundo ano: 43 €. Consulta se podes aforrar esta comisión no contrato da túa conta.
      A continuación detállanse os exemplos do pagamento personalizado revolving con comisión de 3 a 6 meses, tendo en conta que representan as TAE máximas e mínimas respectivamente. O TIN en todos os casos é do 0 %

      Contratas a Tarxeta Aqua Crédito cun límite de 1.500 €.  Nese mesmo día, por exemplo o día 1 de maio de 2020, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 6 meses. Isto é o que terás que pagar: 

      • A primeira cota será de 368 €, inclúe a parte de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 5 % do importe financiado, e a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €.
      • As seguintes 5 cotas serán de 250 € cada unha. 
      • O importe total que haberá que pagar será de 1.618 € e a TAE será do 31,96 %.
      • Se non tiveses que pagar a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, o importe total sería de 1.575 € e a TAE sería do 19,07 %.

      Se elixes fraccionar en 3 meses, isto é o que terás que pagar: 

      • A primeira cota será de 586,50 €, inclúe a parte de capital e a comisión de xestión de adiamento, que é do 2,9 % do importe financiado, e a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 43 €.
      • As seguintes 2 cotas serán de 500 € cada unha. 
      • O importe total que haberá que pagar será de 1.586,50 € e a TAE será do 41,99 %.
      • Se non tiveses que pagar a comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, o importe total sería de 1.543,50 € e a TAE sería do 19,23 %.
      Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.

      Co pagamento adiado revolving, podes pagar cada mes unha cota fixa ou unha porcentaxe do gasto da tarxeta. Esta forma de pagamento ten xuros.

      • TIN: 17,52 %.
      • Límite de crédito: 1.500 €. 
      • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito a partir do segundo ano: 43 €. Consulta se podes aforrar esta comisión no contrato da túa conta.

      A data de liquidación da cota mensual é o día 20 de cada mes, pero se escolles pagar o recibo o día 5 e tes forma de pagamento adiado, terás que asumir os xuros desde a data de liquidación ata a data de pagamento.

      O importe mínimo mensual é de 12 € e podes escoller calquera cantidade superior. 

      A cota escollida é destinada, en primeiro lugar, ao pagamento dos xuros e gastos pactados e, en segundo lugar, a amortizar o crédito ou saldo que vas dispondo. Por esta razón, a escolla de cotas reducidas podería dar lugar a que se amortice o crédito só nunha proporción residual.

      Unha vez contratada a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular o prazo de amortización segundo a forma de pagamento que escolleses, así como os xuros totais pagados se os houbese.

      Tamén podes utilizar o simulador de tarxetas revolving do Banco de España para calcular o importe total para pagar aproximado ou a data en que acabarás de pagar en función do gasto e a forma de pagamento escollida.

      Lembra que podes cambiar a forma de pagamento da tarxeta cando queiras.

      Exemplo de pagamento adiado revolving con cota fixa

      Se fas unha compra de 1.500 € cun tipo de xuro do 17,52 % TIN e escolles pagar unha cota fixa mensual de 43,69 €, terás que pagar: 

      • 48 cotas mensuais de 43,69 €. 
      • O importe total que haberá que pagar será de 2.096,88 € e a TAE será do 18,99 %, TEDR 18,99 %.

      Este exemplo realizouse conforme á información esixida pola Orde EHA/1718/2010 de regulación e control de publicidade dos servizos e produtos bancarios, cuxas condicións poden non corresponder coas do contrato. 

      No caso da Tarxeta Aqua Crédito, debes ter en conta que os 43 € da comisión de emisión e mantemento (que o banco cobra de forma anual) e a porcentaxe mínima de amortización (3 % mensual) fan que as 48 cotas mensuais sexan de diferente importe, aínda que escollas unha cota de 37,87 €.

      Polo tanto, se contratas esta tarxeta e no mesmo día, por exemplo o día 1 de maio de 2020, fas unha compra polo total do límite de crédito e decides pagar a cota o día 5 do mes, isto é o que terías que pagar:

      • 48 cotas mensuais de diferente importe (que inclúen capital e xuros). 
      • O importe total que haberá que pagar será de 2.191,33 € e a TAE será do 25,78 %, TEDR 18,99 %.

      Lembra que se escolles pagar a cota o día 5 do mes, terás que asumir tamén os xuros desde a data de liquidación ata a data de pagamento.

      A cota fixa mensual non poderá ser inferior ao 3 % do saldo gastado que reflicta o extracto da "conta de tarxeta de crédito" antes da liquidación, máis os xuros xerados e as comisións correspondentes durante o período mensual de liquidación correspondente.

      O período de liquidación comeza o día 20 do mes e acaba o día 20 do mes seguinte. 

      O día 20 de cada mes xérase o recibo correspondente á liquidación dos pagamentos que realizases coa tarxeta de crédito durante este período. Se o día 20 é inhábil, será o día hábil anterior. 

      Podes elixir a data de cargo do recibo: o día 21 do mes de liquidación ou o día 5 do mes seguinte e cambiala en calquera momento. Aínda que se tes forma de pagamento adiado, terás que asumir os xuros desde a data de liquidación ata a data de pagamento.

      Se cambias a data de cargo para antes do día 20 do mes, terá efecto na liquidación do mes en curso. Se a cambias entre os días 20 e 30 do mes, o cambio terá efecto na liquidación do mes seguinte.

      Os pagamentos fraccionados liquídanse o último día hábil do mes. Este día (30 ou 31) xérase o recibo correspondente á liquidación, que se carga na conta o día 5 do mes seguinte.

       

      Se iso acontece, poderás utilizar ata un 20 % máis. Aplícase unha comisión do 3 % sobre a cantidade extra que utilices, cun mínimo de 6 € e un máximo de 12 €.

      Coa tarxeta de débito pagas as compras ao momento co saldo que tes na conta. Coa tarxeta de crédito dispós dun límite de crédito para comprar no momento e pagar cando mellor che vaia: o mes seguinte, a prazos ou cunha cota fixa mensual.

      A normativa establece que che debemos facilitar este documento coa información precontractual e previa de servizos de pagamento da Tarxeta Aqua Crédito para que coñezas as condicións da tarxeta e poidas tomar unha decisión informada.

      Tamén é importante que consultes a regulación europea PSD2 sobre a seguridade para pagamentos con tarxeta.

       

      Buscas outro tipo de tarxeta?
      Para pagar os teus gastos do día a día cunha tarxeta de débito ou financiar unha compra e pagar no estranxeiro con total seguridade cunha de crédito. Temos a tarxeta que necesitas.
      Ver tarxetas BBVA
      Solicitar
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Tarxetas
      2. Tarxeta Aqua Crédito

      Pé de páxina

      • Outras seccións

        • Banca Privada
        • O BBVA para a mocidade
        • Colectivos BBVA
        • Finanzas de un vistazo
          Dicionario económico
          Adeus comisións
        • Seguridade
        • Divisas e moedas
        • Outras webs do BBVA
      • Servizos dixitais

        • Todo desde o móbil
        • Apps
          BBVA Valora
          BBVA Invest
        • Servizo de Cambio de Banco
        • Pagamento de cargos
      • Pódeche interesar

        • Promocións e ofertas
        • Axudas COVID-19
        • Contas
        • Tarxetas
          Préstamos
          Hipotecas
          Plans de pensións
          Fondos de investimento
          Seguros
        • Black Friday
      • Precisas de axuda?

        Encontra a túa oficina máis próxima

        App BBVA España Android

        App BBVA España iOS

         

      Logo BBVA
      Aviso legal
      Cookies
      Datos persoais
      Informes legais
      Servizos de pagamento
      Tarifas
      Taboleiro de anuncios
      Negocio responsable
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S.A.-2021

      Creando oportunidades