Que é un seguro de responsabilidade civil?

Tendo en conta que tes a obriga de arranxar os danos que causes a outro, un seguro de responsabilidade civil pode chegar a ser unha necesidade

Segundo o Código civil, a persoa que causa danos a outra ten a obriga de reparalos. Esta obriga xeral tradúcese en diferentes consecuencias que difiren en termos económicos segundo o tipo de dano.

Tanto un particular como unha grande empresa poden causar un dano a un terceiro, pero o risco deste tipo de continxencias e a cantidade coa que haberá que indemnizalos varían en cada caso. Por iso, existe un tipo de seguro de responsabilidade civil con que afrontar o incidente segundo cada situación. En diversos ramos e contextos o seguro de responsabilidade civil é obrigatorio.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.
Neste artigo contámosche en que consiste a responsabilidade civil, dámosche algunhas indicacións sobre as maneiras que existen de asegurar este suposto e mostrámosche como funciona un produto estrela deste tipo, o Seguro RC Pemes e Autónomos BBVA, que poderás contratar nun só clic se che acaba interesando

A responsabilidade civil no Código civil

O Código civil é o corpo legal que regula substancialmente as materias xurídicas civís. No caso de España, a devandita regulación de carácter común foi promulgada no BOE núm. 206 de 25 de xullo de 1889, que, con moitas modificacións, continúa vixente hoxe en día.

No art. 1902 do Código civil, dise exactamente: “O que por acción ou omisión causa dano a outro, intervindo culpa ou neglixencia, está obrigado a reparar o dano causado”.

Este feito, polo tanto, esixe a toda persoa responder por si mesma ou por aquelas de quen se deba responder, tal e como indica o art. 1903 do mesmo texto (os pais polos fillos, os titores polos tutelados, os donos ou directores polos seus empregados ou dependentes, etc.).

Esta esixencia ao causante do dano, chamada responsabilidade civil (abreviada frecuentemente como RC), adoita supor en primeira liña unha indemnización económica ou en caso de desconformidades, un posterior enfrontamento xudicial. En calquera dos casos, polo tanto, a referida responsabilidade pode significar un notable desembolso de diñeiro que poña en perigo o patrimonio persoal ou a viabilidade dunha empresa.

Ante estes grandes problemas derivados de danos causados a terceiros, estas continxencias pódense garantir cun seguro que responda unha vez chegado o caso. Aspectos tan diferentes como unha trasnada infantil ou unha neglixencia dunha gran multinacional comportarán unha consecuente indemnización, que sen dúbida variará en función do dano causado. De aí que sexa necesario falar sempre dos diferentes tipos de responsabilidade civil.

Os tipos de responsabilidade civil

Tendo en conta que a responsabilidade civil difire segundo cada caso, existen diferentes maneiras de facerlle fronte. Neste sentido, ao pensar nun seguro de responsabilidade civil, temos que considerar sempre o seguinte aspecto clave: A quen cobre: a min, a miña empresa ou as persoas ao meu cargo?

  • Para unha familia, o ideal será contratar un seguro de responsabilidade civil para particulares. Con el quedarán cubertas as indemnizacións derivadas do dano que causen o asegurado, as persoas ou os animais ao seu cargo. O Seguro Vivenda BBVA incorpora unha garantía de RC con cobertura, de acordo co que se establece nas condicións do contrato, para todos os integrantes do fogar, incluso no caso de que a familia conte cunha mascota dunha raza non declarada como perigosa.
  • Un seguro de responsabilidade civil para empresas ou autónomos protexe fronte aos danos a terceiros ocasionados no desempeño da actividade empresarial ou comercial. Para cubrir este tipo de continxencias contamos co Seguro RC Pemes e Autónomos que, conforme ao determinado nas condicións do contrato, conta coa garantía de servizo e calidade dunha das compañías aseguradoras máis especializadas en pólizas de RC: HISCOX.
  • Os seguros de responsabilidade civil para xerentes e administradores ofrecen cobertura para protexer o patrimonio persoal destes, así como as consecuencias económicas derivadas de posibles procesos de defensa. Para cubrir a responsabilidade civil do xerente tamén contamos coa protección da póliza RC Administradores y Directivos de Hiscox que, atendendo ao establecido nas condicións do contrato, ademais da RC do xerente conta con coberturas diferenciais tales como RC corporativa ou prácticas de emprego que a sitúan entre as mellores opcións do mercado
  • Un seguro de responsabilidade civil de caza e pesca ten como obxectivo indemnizar os danos a terceiros derivados desta actividade, que nalgúns casos chegaron a producir ata a morte. Neste caso podemos ofrecer unha póliza RC de caza da compañía CASER, na que, conforme ao determinado nas condicións do contrato, o cliente pode escoller entre unha opción “Básica” coas coberturas que esixe a Lei e unha cobertura “Ampliada” na que se cobren continxencias tales como: accidentes corporais (<65 anos), dano ás armas de caza, morte dos cans de caza, asistencia sanitaria e defensa xurídica / fianzas.
Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Cun seguro de responsabilidade civil profesional pódese facer fronte a imprevistos derivados dunha actividade profesional que, de maneira xeral, resulta interesante para xestorías, asesorías, consultores… En definitiva, para calquera persoa ou empresa que preste servizos profesionais e poida verse ante este tipo de reclamacións. Neste caso o RC Pemes e Autónomos BBVA tamén pode ofrecer unha solución de primeira liña para todas as actividades asegurables.

Cada peme ou autónomo necesita un tipo de seguro diferente que se adapte ás súas necesidades, xa que as coberturas e cantidades reclamadas non son as mesmas. O seguro de responsabilidade civil debe asegurar o pagamento dos gastos xudiciais así como os da posible reclamación -se estivesen cubertas-.

Agora ben, tendo en conta que cada caso é diferente, é importante analizar cada exemplo en singular. E para iso, sen dúbida, pode servir un destes seguros: o Seguro RC Pemes e Autónomos.

O exemplo do Seguro RC Pemes e Autónomos BBVA

O Seguro RC Pemes e Autónomos BBVA é un seguro de responsabilidade civil para protexerse fronte aos danos causados a terceiros derivados da túa actividade profesional. Está pensado para autónomos e profesionais e para pequenas e medianas empresas. Trátase dunha póliza de seguro coa que aforrarás preocupacións ante as posibles indemnizacións ou os gastos de defensa derivados de calquera sinistro cuberto. Sabías que a cobertura deste seguro contempla indemnizacións a terceiros por causa de danos económicos, materiais e/ou corporais, e que te protexe a ti e ata un máximo de 10 empregados da túa empresa?

A contratación deste produto, conforme ao establecido nas condicións do seguro, implica gozar da tranquilidade de ter aseguradas as RC asegurables para a túa actividade profesional nunha soa póliza. Ademais, vai acompañada dunha interesante personalización mediante a cal podes esbozar unha póliza escollendo entre diferentes límites de capital asegurado ou diferente niveis de franquía. É dicir, ao poder acceder a diversos tipos de supostos derivados da cláusula de responsabilidade civil, poderás configurar un seguro que se adapte integramente á túa actividade profesional e ás túas necesidades. En resumo, contarás coa cobertura máis completa para que poidas desenvolver a túa actividade con total tranquilidade. 
Canto á modalidade de pagamento, este pode ser único ou fraccionado. E o seguro pódese contratar independentemente de se es ou non cliente BBVA. 
Podes encontrar información completa do produto na sección do web dedicada a seguros, onde tamén poderás coñecer outras opcións para asegurar a túa responsabilidade civil. Non deixes de botar unha ollada e de contactar cun axente, vía bbva.es, para resolver as túas dúbidas e, o que é máis importante, para coñecer un seguro acorde ás túas necesidades e verdadeiramente útil ante reclamacións imprevistas.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche os distintos factores que inflúen no prezo do seguro do teu coche.
  • Coñece todos os detalles sobre este instrumento para planificar e construír un aforro para a xubilación.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.