Como se calcula o prezo dun seguro de fogar

Descubre como pagar só polo que tes asegurando correctamente tanto o contido coma o continente da túa vivenda

Cun seguro do fogar podes cubrir o continente e o contido do inmoble. O valor que ambas as dúas parten sumen, porén, fará variar o prezo anual que deberá aboar o asegurado, xa que, en definitiva, o prezo dun seguro do fogar réxese por aquilo que salvagarda. Por iso, non é o mesmo contratar un seguro para a túa vivenda habitual en propiedade que, por exemplo, asegurar unha segunda residencia en alugamento na costa ou na aldea.

Agora ben, que é o contido e que é o continente? Que cobre un seguro do fogar? E, o máis importante, como se calcula o prezo dun seguro do fogar? Coñece as respostas neste artigo, así como unha opción competitiva para asegurar a túa vivenda.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

O prezo dun seguro do fogar: contido e continente

Á hora de fixar o prezo dun seguro do fogar, o que se fai é valorar a contía económica á que ascenden tanto o contido como o continente. Por norma xeral, aínda que pode variar dunha compañía a outra, o “contido” dun inmoble é todo aquilo que se encontra dentro dun piso, como por exemplo, os mobles, a roupa, os efectos do fogar, os electrodomésticos, etc. Pola contra, aquelas partes fixas que constitúen o inmoble, son o que se chama “continente”. É dicir, aquilo que contén todo o que hai dentro da vivenda.

A suma resultante do contido e do continente supón un valor que, en termos da aseguradora, tradúcese nun prezo anual acordado na póliza. Agora ben, que criterios se usan para valorar o contido e o continente?

O contido

Como xa vimos, considérase contido todo aquilo que hai no interior dunha casa. Agora ben, todos estes obxectos poden ser de diferente valía en función da súa calidade e da súa antigüidade. Así mesmo, certos obxectos, como por exemplo as xoias, poden ser tidos en conta de maneira independente á hora de aseguralos. Aquí tes algunhas pautas ao respecto para asegurar todo correctamente:

  • Electrodomésticos e tecnoloxía: asegúrate de garantir o valor dos teus obxectos. En toda vivenda existen innumerables electrodomésticos e obxectos electrónicos que, no seu conxunto, supoñen un valor notable da vivenda. En caso dun roubo, por exemplo, se algúns destes obxectos resulta subtraído haberá que restituílo. Por iso, é importante que na póliza do seguro figuren co seu valor real.
  • Bens persoais: considéranse como tal o enxoval básico dunha casa e todos aqueles accesorios de uso máis cotián. Polo tanto, ao contratar un seguro do fogar estarás protexendo de imprevistos a túa roupa, tanto de vestir como de cama, así como outros bens persoais. Agora ben, se entre as túas posesións hai obxectos de gran valor, como xoias ou obras de arte, estes deberán figurar de maneira específica na póliza.
  • Obxectos de gran valor: tes xoias ou obras de arte na casa? Se a resposta é afirmativa e queres que o seguro do fogar che cubra o seu valor en caso dun roubo, será necesario que á hora de asinar a póliza queden referidas de maneira específica. Neste sentido, debes coñecer que cada compañía aseguradora establece as condicións sobre o que se consideran xoias e obxectos de especial valor (obras de arte, cadros, coleccións de moedas, etc.) e que valor mínimo ou unitario deben ter para ser considerados como tal.
  • Outros bens: é importante que asegures realmente todo o que teñas na casa. No contido dun seguro do fogar pódense asegurar, por exemplo, obxectos transportables, como o móbil ou o ordenador, mesmo se chos rouban fóra da casa. Así mesmo, os seguros do fogar máis competitivos ofrécenche asistencia en casos concretos, como por exemplo, se necesitas algún servizo de mantemento na casa (colgar cadros, instalar lámpadas, montaxe de mobles, etc.) ou se necesitas axuda en liña ou a domicilio co ordenador, tableta ou smartphone (servizo de recuperación de datos, copia de seguridade na nube, configuración de control parental, etc.).

O continente

Ademais do contido, todo seguro do fogar serve para cubrir posibles imprevistos no continente (conforme o que se establece no contrato do seguro), isto é, ás paredes, teitos ou o chan, así como ás instalacións desta. É dicir, desde a instalación eléctrica ou a tubaxe da auga ou da calefacción pasando polo chan, as paredes, os teitos, todo aquilo que estea fixo e sexa propio do inmoble será considerado continente. Neste sentido, tamén se considera que son continente todos aqueles elementos que, sempre que sexan de uso privado e estean no recinto da vivenda, sexan anexos a esta. É dicir, patios, terrazas, garaxes, rochos, piscinas, etc.

Deste xeito, o que se fai asegurando o continente é garantir, no peor dos casos, e como consecuencia dun sinistro, se se produce a destrución total do inmoble (como por exemplo, o incendio total da vivenda asegurada), ou ben dunha parte (como por exemplo, un rebentón dunha tubaxe no baño) que se poida restituír a vivenda asegurada ao estado anterior ao da ocorrencia do sinistro e recuperar o valor do inmoble coma se non pasase nada.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Como aforrar contratando un seguro do fogar?

Nunha casa, cada un ten o que ten. Por iso, o prezo dun seguro competitivo é aquel que valora nin por riba nin por debaixo a contía do contido e do continente. Existe aquí un dobre risco de erro na valoración:

  • Pagar “dobre” por algunhas coberturas, por exemplo, no caso dunha vivenda, se estas xa as cobre o seguro da comunidade. Neste sentido, é necesario aclarar que no mercado hai algúns seguros da comunidade que che dan a opción de cubrir algunha cobertura a nivel particular, por exemplo, os danos por auga que causen as tubaxes privativas da vivenda. Normalmente, os seguros comunitarios cobren só os danos que se producen nas zonas comúns do edificio (por exemplo, a rotura dun espello situado na entrada da comunidade, un escape de auga da tubaxe comunitaria, un incendio no portal, etc.) pero todo o que aconteza dentro da vivenda é aconsellable telo asegurado a través dun seguro de vivenda particular que cubra os danos que se produzan dentro da túa casa (por exemplo, a rotura do cristal da porta do recibidor, un escape de auga no baño, un incendio na cociña por deixar esquecida unha frixideira no lume, etc.). Por iso, é moi importante saber que cobre o seguro da comunidade para evitar levar algunha sorpresa.
  • Pagar de menos, o que, á hora da verdade, suporá que en realidade perdas moito máis que diñeiro en caso de sufrir un dano.

Como vimos, ambas as dúas opcións son desaconsellables por moitos motivos. Así que, se o que queres é aforrar no teu seguro, non menospreces o valor dos teus bens e asegura a vivenda polo que realmente tes dentro dela.

Outra cuestión a tratar é se dispor de alarma conectada a unha central receptora ou ter porta blindada na vivenda pode supor un aforro no prezo do seguro. Normalmente, as compañías de seguros valoran de forma positiva as medidas de seguridade que ten a vivenda e, incluso ás veces, pode ser determinante para aceptar ou non o risco que se quere asegurar.

E como podemos pagar menos? Outra posibilidade é revisando a forma de pagamento do seguro, a vinculación doutros seguros na mesma compañía ou a contratación de novos. Algunhas compañías de seguros presentan ofertas máis competitivas cando o pagamento do recibo se efectúa de maneira anual (así aseguran o cobramento da totalidade da póliza desde o inicio da contratación) ou ben se xa tes outros produtos contratados con eles, aplícanche un desconto adicional na nova contratación dun seguro.

Neste sentido, grazas ao BBVA Plan EstarSeguro, os clientes dispoñen dun servizo que lles permite agrupar o pagamento dos seus seguros contratados en BBVA Seguros e fraccionar o pagamento en 12 mensualidades sen xuros, ademais de obter unha bonificación de ata o 15 % en todas as pólizas incluídas no plan, en función do número de seguros incorporados.

Se queres saber máis acerca da oferta do BBVA e coñecer o prezo do teu seguro do fogar entra en bbva.es. Con este seguro, ademais do contido e do continente da túa vivenda, poderás acceder a outros servizos incluídos na túa póliza sen ningún custo adicional como son o Servizo Manitas e a Asistencia informática en liña e a domicilio Bota unha ollada ao que o noso banco ten preparado para ti.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.