Como é a tributación do rescate dun plan de pensións

Os fondos recibidos contabilízanse como rendementos de traballo e aumentan a base impoñible do IRPF

Un plan de pensións é un instrumento de aforro a longo prazo con dous tipos de fiscalidade distintos. Por un lado está a tributación correspondente ás achegas realizadas, que comporta beneficios fiscais. Doutra banda atópase a tributación do rescate do plan de pensións que é diferente.

O funcionamento dun plan de pensións é, en teoría, bastante sinxelo. O partícipe do plan realiza unhas achegas anuais que, ademais de aumentar por si soas a contía do plan de pensións, estarán investidas segundo a política de investimento do fondo de pensións e xerarán rendibilidade. Cando chega o momento permitido, o partícipe pode rescatar, é dicir dispor das achegas máis os xuros. Como ocorre con todas as cousas relacionadas coa fiscalidade é mellor ir por partes.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Casos nos que se pode rescatar un plan de pensións

Aínda que os plans de pensións están pensados para complementar as pensións de xubilación, existen unhas circunstancias especiais en que os seus beneficiarios poden rescatar os fondos antes:

  • Invalidez.
  • Falecemento.
  • Desemprego de longa duración.
  • Enfermidade grave.
  • Desafiuzamento da vivenda.
  • Se pasaron 10 anos da primeira achega: este suposto entrou en vigor en xaneiro de 2015 e, pendente de desenvolvemento regulamentario, establece que o diñeiro achegado antes desa data poderá ser rescatado a partir de 2025.

Non existe unha única forma de rescatar un plan de pensións e convén coñecelas todas porque cada unha delas implica unha tributación distinta:

  • En forma de capital: cóbranse todos os fondos dunha soa vez.
  • En forma de renda: recíbese periodicamente unha cantidade determinada dos fondos. A periodicidade pode ser mensual, trimestral, semestral ou anual.
  • En forma mixta: unha parte dos fondos rescátase en forma de capital e outra en forma de renda.
  • En forma de disposición: consiste en recibir os fondos a petición do beneficiario sen unha periodicidade regular coas limitacións que se establezan nas especificacións dos plans de pensións.

Tratamento fiscal do rescate dun plan de pensións

A tributación do rescate dun plan de pensións é basicamente o proceso contrario ao das achegas. Cando se rescata un plan de pensións, os fondos que se obteñen son considerados como rendementos de traballo e, como tal, aumentan a base impoñible do IRPF provocando que aumenten os impostos que hai que pagar.

Os tramos actuais do IRPF son:

  • 0 a 12.450 € = 19 %
  • 12.451 € a 20.200 € = 24 %
  • 20.201 € a 35.200 € = 30 %
  • 35.201 € a 60.000 € = 37 %
  • Máis de 60.001 € = 45 %

É aquí onde a maneira de rescatar o plan de pensións inflúe na súa tributación. Se se opta por un rescate en forma de capital, haberá que sumar aos rendementos dese exercicio contable todo o capital rescatado. Este feito aumentará moito a base impoñible do IRPF. Por exemplo, se o afectado declara 25.000 € anuais e ten no plan de pensións un fondo de 80.000 € que decide rescatar de golpe, a súa base impoñible ascenderá aos 105.000 €. Deste xeito pasará dunha fiscalidade do 30 % a tributar no último tramo do 45 %.

O grande aumento dos impostos que supón rescatar o plan de golpe, fai que a opción de rescate en forma de renda adquira relevancia. Supoñamos que o beneficiario do plan de pensións acorda recibir 1.000 € mensuais dos fondos dispoñibles no seu plan. Deste xeito á súa base impoñible xeral só deberá sumar 12.000 € anuais.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Réxime transitorio da redución do 40 %

Para terminar de cadrar a tributación do rescate dun plan de pensións, hai que ter en conta a redución do 40 % dos fondos rescatados do plan de pensións en forma de capital. En 2007 eliminouse esta redución, pero estableceuse un período de transición que permite a redución das cantidades achegadas ao plan antes do 1 de xaneiro de 2007.

Se a posibilidade de rescatar o plan de pensións tivese lugar a partir de 1 de xaneiro de 2015, a redución poderase aplicar no mesmo exercicio da xubilación ou nos dous seguintes. Para as continxencias ocorridas entre 2011 e 2014, poderase aplicar a redución aos fondos rescatados antes da finalización do oitavo ano desde a continxencia. Por último, os casos anteriores a 2010, terán a redución do 40 % nos fondos que se reciban ata o 31 de decembro de 2018.

Para despexar calquera dúbida, en bbva.es tes á túa disposición un extenso catálogo de plans de pensións en que atoparás un que se axuste ás túas necesidades.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?