Rescate dun plan de pensións por desemprego

Explicámosche como rescatar un plan de pensións en caso de te achares en situación de desemprego

O rescate do plan de pensións, é dicir, o momento en que o cliente pode recuperar todo o seu capital achegado, así como a rendibilidade que este lle puidese xerar, adoita producirse pola continxencia de xubilación, aquela que é a principal razón de ser destes vehículos de aforro. Porén, a lexislación contempla outras continxencias e supostos excepcionais de liquidez baixo as que pódese rescatar un plan de pensións de maneira anticipada. 

En condicións normais, estas continxencias inclúen situacións de enfermidade grave, invalidez, dependencia, falecemento, desafiuzamento da vivenda habitual e, como novidade, o poder solicitar o rescate de achegas con polo menos 10 anos de antigüidade (a contar en todo caso desde o 1 de xaneiro de 2015). Na actualidade, porén, e dada a situación excepcional que vivimos polo COVID-19 , no Real decreto 463/2020 establecéronse uns supostos de liquidez excepcional, tanto para Plans de Pensións como para EPSV´s. Queres coñeceros? Accede a toda a información aquí.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións
Tras a reforma do Real decreto 304/2004, os clientes de plans de pensións teñen dereito a recuperar os seus dereitos consolidados se se encontra en situación de desemprego de longa duración. Vexamos con detalle as características deste tipo de rescate.

Requisitos para rescatar o plan de pensións por desemprego

Para poder acceder ao diñeiro acumulado no plan de pensións deberanse acreditar tres requisitos:

  • Encontrarse en situación legal de desemprego.
  • Estar inscrito como demandante de emprego.
  • Que se esgotasen as prestacións por desemprego no seu nivel contributivo ou non ter dereito a elas.

En caso de ser traballador autónomo, este deberá esgotar as súas prestacións contributivas e estar inscrito como demandante de emprego.

Ademais, os afectados por un expediente de regulación de emprego –ERE–, poderán rescatar o seu plan de pensións independentemente da idade que teñan.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Como se pode rescatar o plan de pensións

Unha vez que o desempregado presenta toda a documentación necesaria e cumpra os requisitos, poderá optar a rescatar o seu plan de pensións da maneira habitual, en calquera das seguintes formas:

  • En forma de capital: recíbese todo o diñeiro máis os posibles xuros acumulados nun único pagamento.
  • En forma de renda: o cliente recibirá de maneira periódica –pode ser mensual, trimestral, semestral ou anual– unha cantidade de diñeiro estipulada en función do número de anos escollidos para o rescate dos dereitos acumulados.
  • En forma mixta: combina un rescate en forma de capital e un rescate en forma de renda.
  • Forma de cobramento flexible: O beneficiario decide libremente as datas e contías dos cobramentos, sen unha periodicidade determinada.

Cabe lembrar que á hora de rescatar un plan de pensións, esas rendas tributan como rendementos do traballo, polo que a cantidade recibida aumenta a base impoñible á hora de calcular o pagamento do IRPF.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?