Como se aplica a redución 40 nos plans de pensións?

Contámosche como se aplica a redución do 40 % nos plans de pensións á hora de rescatar as achegas máis os seus xuros

Tras anos de esforzo chega a xubilación, e unha das primeiras cuestións que moitas persoas que se acaban de xubilar consideran é a posibilidade de rescatar o seu plan ou plans de pensións. É importante matizar que non hai ningunha obriga de rescatar un plan de pensións ao chegar á xubilación. De feito, é posible seguir realizando achegas a este, que poderán seguir sendo desgravadas no IRPF. Só hai que ter en conta que unha vez que iniciemos o cobramento do plan, as achegas realizadas a partir de entón non poderán ser rescatadas pola continxencia de xubilación. Polo tanto, a primeira cuestión que se debe resolver é se realmente necesitamos rescatar o plan de pensións. De feito, hai partícipes que non o rescatan na xubilación e o deixan coma masa hereditaria para os seus herdeiros, dada a flexibilidade fiscal na continxencia de falecemento (non tributa no Imposto de Sucesións e permite diferir o pagamento de impostos a un momento futuro elixido polo beneficiario). 

Se decidimos rescatar o noso plan, debemos considerar que, ao tratarse dunha contía que será ingresada ao noso favor, hai que tributar por ela. Por iso, é fundamental coñecer as claves para declarar o que obtivemos tras a xubilación (ou outras continxencias) ao rescatares o noso plan de pensións e lograr a mellor tributación posible. En determinados casos é posible aplicar unha redución do 40 % sobre o importe rescatado e só declarar o 60 % restante pero, como se aplica esta redución?

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Os plans de pensións contan con interesantes vantaxes fiscais que os converten nun produto de aforro ideal. Até o momento do seu rescate, as achegas realizadas dedúcense da base impoñible do IRPF. Agora ben, unha vez que se produce o rescate, o importe resultante está suxeito a tributación. Tal e como indica a Lei 35 / 2006 do IRPF, o capital do plan de pensións é considerado para efectos fiscais como rendementos do traballo, o que o equipara ao salario ou ás prestacións por desemprego que recibimos durante a nosa vida laboral. 

Neste sentido, polo tanto, falamos de rendementos do traballo. Ao contrario do que ocorría no momento de realizares as achegas, as prestacións recibidas si aumentan a base impoñible do IRPF e, polo tanto, tamén os impostos que pagaremos. Aínda así, existen diferentes maneiras de conseguir unha tributación algo máis vantaxosa que dependerá, principalmente, do tipo de rescate que se elixa: 

  • En forma de capital: O beneficiario percibe o importe total do plan nun cobramento único. Pode ser de cobramento inmediato (ao producirse a continxencia), ou diferido a unha data posterior sinalada polo beneficiario. 
  • En forma de renda: As rendas poden ser de distintos tipos: temporais ou vitalicias, de contía e duración garantida, ou ben rendas financeiras cuxa contía ou duración non están garantidas senón que dependen da evolución do valor e rendibilidade do fondo de pensións. As rendas poden reverter a outros beneficiarios en caso da morte do perceptor. 
  • En forma mixta: Combina un capital e unha renda. 
  • En forma de disposición: O beneficiario decide libremente as datas e contías dos cobramentos, sen unha periodicidade determinada. O dereito económico pendente de cobramento tamén varía en función da evolución do valor do fondo e a súa rendibilidade. 

Agora, sabías que existe o que se coñece coma “redución do 40 %”, co que poderás aforrar algo nos teus impostos?

A redución do 40 %

As participacións anteriores ao 31/12/2006 que sexan percibidas en forma de capital gozan dunha redución do 40 %, é dicir, só contará o 60 % do capital reembolsado desta maneira. Para iso é necesario que este rescate se realice dentro do prazo estipulado na lei, e que depende da data na que aconteza o feito causante: 

  • Continxencias acontecidas en 2010 ou previamente: poderase aplicar a redución do 40 % con data límite do 31 de decembro de 2018. 
  • Continxencias acontecidas entre o 2011 e o 2014: a redución poderase aplicar se o rescate se produce antes da finalización do oitavo ano dende que acontece a continxencia. 
  • Continxencias a partir do 1 de xaneiro do 2015: a redución do 40 % aplicarase se o rescate se produce no exercicio fiscal no que acontece a continxencia ou nos dous seguintes. 

Aínda contando con esta redución, é importante non esquecer que a obriga de tributar polo 60 % restante convídanos a considerara de igual xeito unha estratexia axeitada para o rescate de todas as participacións, xa que un rescate en forma de capital dun importe elevado, malia contar coa redución do 40 %, pode ter un impacto fiscal moi elevado.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Estratexias para un rescate máis vantaxoso

O BBVA ofréceche a posibilidade de calcular o capital que podes obter no momento do rescate grazas ao simulador dispoñible. En función do tipo de plan, as túas circunstancias fiscais, as achegas realizadas, a súa data e a data do rescate, coñecerás o total dos fondos que recibirás, o aforro fiscal ao que acollerte e a contía da tributación. Deste xeito, serache moito máis sinxelo planear o propio rescate e escoller o momento idóneo para iso.

Existen diversas estratexias para beneficiarse dunha tributación máis vantaxosa mediante a redución do 40 %. Xa que dita redución só é posible cando o rescate é en forma de capital, aconséllase elixir un rescate mixto, separando as achegas realizadas antes e despois do 1 de xaneiro do 2007. É dicir, rescatando en forma de capital os beneficios obtidos grazas ás achegas realizadas antes desa data e en forma de renda, os fondos xerados a través de achegas posteriores ao 2007.

Desta maneira, poderemos beneficiarnos da redución do 40 % para aquelas achegas válidas e previas ao 2007, mentres que nos será máis útil rescatar o resto en forma de renda periódica para suavizar o impacto fiscal. Tendo en conta que as achegas posteriores ao 1 de xaneiro do 2007 non poden ser incluídas na redución, é moito máis aconsellable obter ese capital aos poucos. Do contrario, se o fixésemos todo ao mesmo tempo, a carga fiscal aumentaría, así coma o tramo do IRPF que nos corresponde, e iso comportaría unha tributación moito máis alta.

Ademais, é igual de importante considerar a estratexia que hai que seguir cando contamos con varios plans de pensións simultáneos. Se desexamos acollernos á redución do 40 %, poderemos facelo con varios plans, xa que esta aplicarase unha vez por cada un deles. Iso si, os rescates de todos os plans teñen que facerse no mesmo exercicio fiscal. Do contrario, os realizados posteriormente non contarían e só se aplicaría a redución no primeiro ano.

Lembra que, grazas ao noso simulador, poderás coñecer de forma moi clara as cifras de beneficios e impostos ao recibires o teu capital.

A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?