Como funciona un plan de pensións privado

Contrata xa un complemento privado para á túa pensión da Seguridade Social, agora ben, a sabendas de todos os detalles

Un plan de pensións privado pode ser un interesante complemento para a túa futura pensión pública de xubilación. E, ademais, esta forma de aforro para o futuro non só che xerará xuros, senón que tamén che servirá para desgravar unha cantidade de diñeiro todos os anos na declaración da renda.

As vantaxes deste tipo de produtos, porén, van da man de certos aspectos que debes considerar antes de asinar o teu plan. Non deixes pasar por alto cuestións tan relevantes coma o teu perfil de risco ou a túa capacidade de aforro, xa que só en función destes aspectos atoparás un produto co que poderás sentirte cómodo.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Tipos de plans de pensións

Existen tres tipos de plans de pensións que se diferencian en función de quen os promove: individuais, asociados e de emprego.

  • Os plans individuais son aqueles que cada particular contrata cunha entidade financeira por iniciativa propia.
  • Un plan asociado é aquel que adoita vir promovido por agrupacións, gremios ou outras asociacións, e que polo tanto existe en vinculación directa a un colectivo.
  • Un plan de emprego é o que promove unha empresa para os seus empregados.

En calquera dos tres casos, o obxectivo dun plan de pensións privado será aforrar un diñeiro para o día de mañá. O capital finalmente resultante dependerá das achegas que realizases e do resultado da xestión do plan ou plans ao longo dos anos.

O risco e o funcionamento dun plan de pensións privado

Existen diferentes plans de pensións en función do risco que pode asumir o partícipe tipo ao que se dirixe. O risco que un partícipe pode asumir está directamente relacionado co horizonte temporal restante até a xubilación. Existen tres perfís de risco facilmente recoñecibles: conservador, moderado e decidido.

Un investidor de perfil conservador é aquel que, por encontrarse próximo á xubilación, evita asumir riscos, xa que a súa prioridade é preservar o capital acumulado durante tantos anos. Un produto “conservador” aspira a lograr rendibilidades moi moderadas a base de evitar riscos ou incorrer en riscos moi reducidos. Priman activos de renda fixa conservadora, coma obrigas, bonos, letras do tesouro, obrigas de pagamento de empresa, etc, e só unha parte moi reducida (ás veces inexistente) dedicada a activos de renda variable.

Algúns plans deste tipo poden ser BBVA Plan Multiactivo Conservador, PPI, ou BBVA Plan Renda Fija Internacional Flexible 0-3, PPI, aos que se pode acceder cun investimento mínimo de 30,05 €. Neles, os investimentos en renda variable oscilan entre un 0 % e un 30ˆ% do capital, someténdose o resto do capital a unha renda fixa pública e privada. A rendibilidade destes produtos, aínda sendo favorable, está lonxe das cotas acadadas por outros plans máis decididos. 

O perfil moderado é o daqueles aforradores que, podendo asumir certos riscos, non poden fialo todo a activos con elevada volatilidade. No aforro para a xubilación, trataríase de aforradores dunha idade media, cun horizonte aproximado de 15 anos até a xubilación. En plans de pensións mixtas, a mestura entre renda fixa e renda variable é máis equilibrada: adquiren máis peso estes últimos activos.

Algúns produtos desta opción son BBVA Plan Multiactivo Moderado, PPI ou BBVA Plan Renda Fija Internacional Flexible. Neles, co fin de obter a máxima rendibilidade posible, o equipo de BBVA Asset Management encárgase de investir e de xestionar o capital para que renda o maior posible. 

O terceiro tipo é o que podemos considerar como investidor decidido, que é aquel que, polo seu horizonte temporal ata o obxectivo de aforro, pode incorrer en riscos en busca dunha maior rendibilidade. No caso do aforro para a xubilación, trataríase daqueles partícipes que se incorporaron recentemente ao mercado laboral e dispoñen dun horizonte de varias décadas até a xubilación. Predominan neste tipo de investimentos a renda variable, divisas ou renda fixa emerxente.

Os riscos que se corren ao contratares este produto dependen, iso si, da evolución dos mercados, da posible alteración dos tipos de cambio en investimentos en divisas internacionais ou, inclusive, dunha posible deterioración da calidade crediticia dos activos nos que se investiu. A rendibilidade destes produtos, non obstante, ascende a niveis que non acadan os plans de pensións moderados nin conservadores.

Aspectos técnicos dun plan de pensións: recuperación e fiscalidade

Os plans de pensións prevén certas limitacións á hora de dispor do diñeiro aforrado e tamén ofrecen interesantes vantaxes fiscais. Neste sentido, polo tanto, antes de saber como funciona un plan de pensións privado, tes que coñecer con detalle estes dous aspectos.

Só poderás dispor do diñeiro investido nun plan (xa sexa nun só pagamento ou en rendas periódicas) en caso de xubilación, discapacidade, dependencia severa ou gran dependencia, e falecemento. Aínda que existen outros casos excepcionais en que poderás recuperar o diñeiro investido (desemprego, enfermidade grave ou embargo da vivenda habitual), terás que considerar que este tipo de acontecementos extraordinarios poden ter unha repercusión negativa na renda. Dende o 1 de xaneiro do 2025, será posible rescatar as participacións que teñan un mínimo de 10 anos de antigüidade.

As achegas a un plan de pensións serven para obter vantaxes fiscais, xa que o diñeiro que achegas ao plan redúcese da parte xeral da base impoñible do IRPF (cos límites anuais establecidos pola lexislación en cada territorio). No momento do rescate, as prestacións tributan no IRPF como rendementos do traballo. Para optimizar a factura fiscal, é necesario valorar ben a forma de rescate (convén primar o rescate en forma de rendas periódicas sobre o rescate único en forma de capital).

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

A oferta do BBVA para un plan de pensións privado

O aforro derivado dun plan de pensións pode ser unha boa estratexia para enfrontarte á xubilación con solvencia económica. É importante que coñezas non obstante que tipo de plan se adapta máis ao teu perfil, e isto pódelo facer en bbva.es grazas ás ferramentas que alí atoparás.

Ademais de táboas comparativas e detalladas descricións dos produtos, na nosa web encontrarás un útil buscador de plans con máis de 100 produtos diferentes ou un imprescindible simulador de plans de pensións.

Neste simulador, ao indicares a túa idade, o teu salario, os anos cotizados e o diñeiro que tes acumulado noutros plans de pensións, obterás unha estimación da pensión media que percibirás da Seguridade Social. En consecuencia, se o teu desexo é manter o teu nivel de ingresos actuais, poderás escoller en función do risco que queiras asumir diferentes plans e empezar dende a primeira mensualidade a aforrar para a túa xubilación.

Se queres máis información, preme sinxelamente en “Quero saber máis” e descubre neste intre en bbva.es como garantir unha xubilación sen estreitezas nin preocupacións económicas.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?