Tipos de plans de pensións

Coñece os diferentes tipos de plans de pensións e encontra o que mellor se adapta a ti

Os plans de pensións son instrumentos de aforro previsional que funcionan con base nas achegas de capital que os seus promotores e/ou titulares realizan; estas achegas invístense en diferentes activos financeiros, cuxa composición dependerá do tipo de plan, co obxectivo de maximizar a rendibilidade suxeita aos criterios marcados na política de investimento do mesmo.

Os plans de pensións pódense cualificar en función de tres criterios:

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Plans de pensións segundo promotor

Existen tres tipos de plans de pensións atendendo a quen promove o plan. O promotor pode ser calquera sociedade, empresa, corporación, sindicato ou colectivo. É dicir, o promotor é quen acomete a creación do plan e, polo tanto, non debe confundirse cos titulares ou participes do plan de pensións, que son os clientes que contratan o devandito plan.

  • Plans de pensións individuais: promóvenos as entidades financeiras e os seus titulares son as persoas físicas. Estes plans contrátanos, a título persoal, clientes que queren aforrar e investir no seu futuro. Neste tipo de plans de pensións entran, por exemplo, os ofertados polos bancos e outras institucións financeiras.
  • Plans de pensións de emprego: promóvenos empresas ou corporacións e os titulares son os seus propios empregados. As achegas ao plan fainas a propia empresa promotora ou ben en propio empregado a título persoal.
  • Plans de pensións asociados: promóvenos sindicatos, asociacións ou gremios e os seus titulares son os seus propios membros ou afiliados. Só os titulares poden achegar ao plan de pensións.

Plans de pensións segundo as achegas e prestacións

Un plan de pensións nútrese de acordo coas achegas que realizan os seus titulares ou promotores. De acordo con estas achegas, o titular pode esperar unhas prestacións futuras. Así, dependendo do tipo de achegas que se fagan e das prestacións que se perciban por estas, pódense encontrar tres tipos de plans de pensións:

  • Plans de achega definida: nestes plans de pensións fíxase unha achega que o titular ou o promotor do plan irá asumindo de xeito periódico. Nesta modalidade de plan de pensións non se estipulan as prestacións futuras; é dicir, no momento do rescate do plan, o titular pode esperar recuperar o capital investido así como unha rendibilidade –positiva ou negativa–- que variará en función dos investimentos que fixese ao plan. Estes plans de pensións están dispoñibles para as tres modalidades de promotor: individual, de emprego e de asociados.
  • Plan de prestación definida: nestes plans de pensións garántese que, no momento do rescate, o titular recibirá o capital achegado así como unha prestación ou rendibilidade previamente definida. Estes plans de pensións só están dispoñibles na modalidade de emprego e asociados.
  • Plans mixtos: estes plans de pensións combinan características dos dous anteriores. Por un lado, fíxase unha achega periódica á que o titular ou promotor deberá facer fronte; por outro, establécese unha rendibilidade ou prestación mínima á que accederá o titular do plan no momento do rescate. Estes plans de pensións só están dispoñibles na modalidade de emprego e asociados.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Plans de pensións segundo a súa política de investimento

En función dos tipos de activos nos que invista o plan, ou da composición entre distintos tipos de activos, podemos atopar a seguinte clasificación:

  • Renda fixa a curto e longo prazo: estes plans de pensións invisten o capital en activos financeiros de renda fixa tanto de carácter público (gobernos) como privado (empresas). Os títulos de renda fixa teñen un risco teórico menor do que outros produtos financeiros pero, á súa vez, unha rendibilidade esperada tamén menor. A duración media da carteira de renda fixa a curto prazo non pode ser maior de dous anos. (menor duración implica menor risco) e será maior de dous anos no caso da categoría de renda fixa a longo prazo.
  • Renda fixa mixta: estes plans invisten tanto en renda fixa coma en renda variable, aínda que nesta última só se pode investir un máximo estipulado de capital: o 30 % do total do plan.
  • Renda variable: estes plans de pensións invisten en activos de renda variable, como accións cotizadas. Estes plans de pensións ofrecen unha rendibilidade esperada maior do que os plans de renda fixa, pero tamén se expoñen a un maior risco de perdas.
  • Renda variable mixta: estes plans combinan o investimento do capital entre renda variable, á que destinan entre un 30 e un 75 % do capital do plan de pensións, e renda fixa.
  • Garantidos: nos plans de pensións garantidos garántese que, ao vencemento, o titular recuperará a totalidade do capital inicial investido, desde que manteña o seu diñeiro ata o vencemento. Estes plans de pensións comportan un risco moi reducido, aínda que tamén a súa rendibilidade é menor á doutros produtos de aforro similar. 

Aconséllase contratar un tipo de plan de pensións ou outro en función do perfil de investidor que se queira adoptar, que dependerá, entre outros factores, do tempo restante ata a xubilación. Na súa oficina BBVA informaranlle sobre as diferentes opcións dispoñibles de cara a aforrar para a súa xubilación.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións