Préstamos hipotecarios

Explicámosche en que consisten os préstamos hipotecarios e como funcionan
Os préstamos hipotecarios son un produto bancario polo que un cliente recibe unha cantidade de diñeiro normalmente dun banco, coa condición de devolvela en cotas periódicas, canda os seus xuros. Chámanse hipotecarios porque o banco conta cunha garantía específica: unha hipoteca sobre un inmoble –por exemplo, unha vivenda-, normalmente propiedade do cliente. 
Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.
Ao existir un risco menor para o banco, este pode ofrecer uns prazos de devolución máis longos e uns tipos de xuro inferiores aos dos préstamos persoais.
O tipo de xuro é un concepto clave á hora de entender que son os préstamos hipotecarios. O tipo de xuro é o prezo que os bancos cobran en troco do préstamo. É fixo, se a cota mensual non varía ao longo da vida do préstamo, o que permite coñecer de antemán o que se vai pagar sempre.
Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

É variable, se mantén un diferencial fixo sumado a un índice de referencia, normalmente o euríbor, que se revisa segundo as condicións do banco, case sempre de forma anual ou semestral. Con este tipo de xuro, as cotas comporíanse dunha parte fixa e doutra variable, en función do euríbor.

Por último, é mixto cando se cobra un xuro fixo durante un curto prazo de tempo, e que logo pasa a ser variable.

CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.