IVE ao comprar vivenda nova, todo o que hai que saber

Coñece os detalles acerca do IVE á hora de adquirir unha vivenda de nova construción
Antes de detallar o IVE que corresponde pagar ao adquirir unha vivenda nova, haberá que coñecer de que se trata cando nos referimos a obra nova. Neste sentido, enténdese que a primeira entrega dunha vivenda se produce cando a construción ou rehabilitación concluíu (circunstancia que certifica o certificado de fin de obra asinado polo arquitecto e os aparelladores correspondentes) e que se adquire ao promotor.
Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Hai unha excepción. Se o promotor aluga as vivendas novas durante polo menos dous anos e despois son vendidas a unha terceira persoa, esta non terá a obriga de tributar con IVE e deberíao facer mediante o imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas, ao considerarse unha segunda transmisión.

A compra dunha vivenda nova implica a obriga de que o comprador soporte o IVE. O pagamento farase directamente ao vendedor, que está obrigado a ingresar o importe do imposto na Facenda Pública.

Canto é o IVE en vivenda nova?

O tipo do IVE para unha vivenda nova é do 10 % do seu importe escriturado, excepto se se trata de vivendas de protección oficial en réxime especial ou de promoción pública, casos nos que a tributación é do 4 %. Os mesmos tipos son aplicados no caso das prazas de garaxe (cun máximo de dúas unidades) e nos outros anexos que se transmitan (por exemplo, rochos). No resto dos casos (por exemplo, locais comerciais), aplícase o 21 % de IVE.
Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

Outros gastos asociados á compra dun inmoble

Ademais do IVE, a compra dunha vivenda nova comporta outro tipo de gastos que haberá que ter en conta.

  • Gastos de taxación. Legalmente existe a obriga de realizar unha taxación para valorar o inmoble antes de autorizar un préstamo hipotecario. O custo da taxación depende do taxador ou da sociedade taxadora que se encargue de facela.
  • Gastos de rexistro. Derívanse da inscrición da compravenda da vivenda no Rexistro da Propiedade. O custo está fixado legalmente e depende do prezo da compravenda. Abóanse no momento da inscrición.
  • Gastos de notaría. Corresponden ao acto de dar fe da operación de compravenda, que fai o notario. As taxas son oficiais, iguais para todos os notarios.
  • Gastos de xestoría. Non son obrigatorios, pero si moi frecuentes. O máis habitual é que sexa un xestor profesional quen se encargue dos trámites administrativos durante un proceso de compravenda. Os custos son variables e dependen da xestoría.
CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.