Guía para saber como pedir unha hipoteca

Coñece os pasos que debes seguir para solicitar un préstamo hipotecario
Contratar un préstamo hipotecario é un proceso longo que require de esforzo e dedicación. Dedicar tempo a recompilar información e estudar detidamente as opcións e posibilidades resulta indispensable para conseguir o mellor financiamento. Por iso, esta guía pretende aclarar cada paso, para que che sexa un pouco máis fácil gozar canto antes do teu novo fogar.

Recompilar información e comparar

Se xa nos decidimos a comprar unha vivenda e necesitamos un préstamo hipotecario, o primeiro que debemos facer é recompilar previamente toda a información dispoñible para non dar ningún paso en falso. É importante coñecer a situación do mercado hipotecario, polo que debemos buscar, comparar e estudar as ofertas de cantos máis bancos mellor.

Como compradores debemos pensar que préstamo hipotecario se adapta mellor ás nosas necesidades: se seremos capaces de facer fronte aos pagamentos periódicos, o prazo de amortización, ver cales son os nosos aforros e engadir unhas marxes para gastos imprevistos. Dito isto, é recomendable coñecer a nosa cota de endebedamento e que esta non supere o 30-35 % dos ingresos netos do titular.

Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Neste primeiro paso cara á contratación do noso préstamo hipotecario a clave é comparar. Ao consultar diferentes ofertas de préstamos hipotecarios de distintas entidades ou dunha mesma entidade imos poder establecer diferenzas e comprender mellor o que nos ofrecen.

Durante este proceso de recompilación de información é aconsellable apuntar todas as dúbidas posibles para logo presentárllelas aos profesionais. Nas condicións e requisitos dun préstamo hipotecario encontramos termos que poden ser difíciles de entender e que incluso poden confundirnos. Vexamos algúns dos máis importantes.

Tipos de préstamos hipotecarios

A tipo fixo. Para os préstamos hipotecarios a tipo fixo a cota mensual que hai que pagar e o tipo de xuro que se aplica non variarán durante a vida do préstamo. Págase a mesma cota todos os meses, aínda que os tipos de xuro do mercado suban ou baixen.

A tipo variable. No caso dos préstamos hipotecarios a tipo variable o máis común é que o tipo de xuro estea vinculado a un índice de referencia (o máis habitual é o euríbor). Deste xeito, a cota mensual variará segundo o faga o euríbor.

A tipo mixto. Estas hipotecas aplican un tipo fixo durante os primeiros anos do préstamo para despois pasar a aplicar un xuro variable con referencia ao euríbor.

En que te tes que fixar para contratar o teu préstamo hipotecario

Tras este proceso de recompilación de información podemos comezar a profundar no custo do noso préstamo hipotecario. Aquí entran en xogo tres termos importantes: TIN, TAE e euríbor.

O TIN (TXN) é o acrónimo de tipo de xuro nominal, é o prezo que cobran as entidades por prestar diñeiro. Este xuro calcúlase aplicando unha porcentaxe ou tipo sobre o capital prestado ao cliente. A devandita porcentaxe aplícase sobre o capital pendente de devolución en cada momento. Non inclúe os gastos e comisións.

A TAE é o acrónimo de taxa anual equivalente, o tipo de xuro que indica o custo efectivo dun préstamo durante un período determinado. Calcúlase de acordo cunha fórmula matemática que ten en conta o tipo de xuro nominal da operación, a frecuencia dos pagamentos (mensuais, trimestrais, etc.), as comisións bancarias e algúns gastos xerados pola operación. Permite comparar entre distintas ofertas o custo efectivo dun mesmo produto.

O euríbor é un índice que indica o tipo de xuro termo medio ao que as principais entidades financeiras europeas se prestan diñeiro entre si a curto prazo, polo que flutúa constantemente. Esta oscilación constante do euríbor é a que define a variación da cota, que se adoita revisar semestral ou anualmente.

Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

As comisións asociadas

Outro aspecto moi importante dentro deste proceso de selección do préstamo hipotecario é o das comisións asociadas. Ademais de facer fronte a un pagamento mensual durante un período que xeralmente vai dos 20 aos 30 anos, dependendo do banco en que contratemos o préstamo hipotecario teremos que pagar unhas comisións ou outras. Vexamos algunhas das máis habituais:

Comisión de apertura. Calcúlase sobre o total do préstamo hipotecario. Esta comisión págase ao inicio do préstamo hipotecario como compensación á entidade bancaria polos trámites e xestións da formalización do préstamo.

Comisión de conta asociada á hipoteca. Algunhas entidades bancarias requiren que abramos unha conta que servirá para xestionar o pagamento das cotas. Esta comisión non a cargan todas as entidades bancarias e no caso de que xa sexamos clientes do banco que nos vai conceder o préstamo hipotecario, esta comisión non adoita existir.

Comisión por amortización parcial ou total: ten lugar cando o cliente paga de maneira anticipada todo ou parte do capital pendente de amortizar. É a compensación á entidade bancaria polos trámites administrativos que a entidade teña que realizar, así como polo que deixa de percibir en concepto dos xuros do capital que resta por devolver.

Requisitos máis comúns para acceder a unha hipoteca

Os principais requisitos que se piden á hora de conceder un préstamo hipotecario teñen que ver coa solvencia económica do cliente, aínda que non son os únicos.

- Ter ingresos fixos. A estabilidade económica é clave para calquera concesión dunha hipoteca. O noso banco pediranos nóminas e a nosa vida laboral para coñecer mellor o noso fluxo de ingresos.

- Achegar inicialmente polo menos o 20 % do prezo de taxación da vivenda. É o que se coñece por “entrada” e é un requisito que os bancos piden aos seus clientes. Por iso, é moi interesante coñecer o valor de taxación aproximado do ben, xa que adoita ser un “dato de corte”. Conforme o Real decreto 716/2009, sobre regulación do mercado hipotecario, establécese un límite máximo de financiamento permitido para préstamos e créditos, o que normalmente implica que unha entidade financeira non concede préstamos hipotecarios por riba do 80 % do valor de taxación.

CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.