Si, podes adiantar unha parte (mínimo 300 €) ou todo o que che falte por pagar. Ademais da cantidade que desexes reembolsar, terás que pagar os xuros e unha cantidade como compensación por reembolso anticipado total ou parcial, equivalente á perda financeira que puidese sufrir o banco e que poderá ser, no caso de hipoteca a tipo variable:
- Durante os 5 primeiros anos: co límite de 0,15 % do capital reembolsado anticipadamente.
- A partir do 6º ano (inclusive): 0 % do capital reembolsado anticipadamente.
E no caso de que a hipoteca sexa a tipo fixo:
- Durante os 10 primeiros anos: co límite de 2 % do capital reembolsado anticipadamente.
- A partir do 11º ano (inclusive): co límite de 1,5 % do capital reembolsado anticipadamente.
Lembra que antes de o faceres é obrigatorio que leas a información que che facilitaremos, na que detalladamente se cuantificarán as consecuencias de cada un dos reembolsos, para poderes avaliar cada unha das opcións. É preciso solicitares a información con 30 días de antelación na túa oficina BBVA.
Así mesmo, existe unha exención da compensación ou comisión de reembolso ou amortización anticipada durante todo o ano 2023 nos préstamos a tipo de xuro variable, segundo o previsto na disposición adicional primeira do RDL 19/2022, do 22 de novembro.