Megatendencias

Inviste nas tendencias que cambian o mundo

As megatendencias son cambios sociais, tecnolóxicos ou demográficos con implicacións a longo prazo na economía, nos negocios e na sociedade.

Descubre máis sobre esta alternativa ao investimento tradicional neste vídeo:

Inviste nos motores do crecemento global

Coñece os nosos fondos de investimento en megatendencias

Descubre a nosa selección de fondos

Para que sempre encontres o fondo que mellor se adapte a ti, creamos unha selección de fondos temáticos de diferentes estratexias, áreas xeográficas ou niveis de risco.

Queres saber máis sobre as principais megatendencias?

Sostibilidade ambiental e social

O investimento socialmente responsable converteuse nunha das principais tendencias de investimento da actualidade, nas que o investidor persegue un obxectivo adicional á rendibilidade económica, considerando criterios que toman como referencia factores ambientais, sociais e de bo goberno corporativo (ASG).

Innovación tecnolóxica

A tecnoloxía está a transformar as nosas vidas a través de innovacións como:

  • Robótica e intelixencia artificial.
  • Ciberseguridade.
  • Entretemento dixital.
  • Tecnoloxía financeira.
  • Comercio electrónico.
  • Conectividade e moitas outras.

Consumo e estilos de vida

A dixitalización está a mudar a nosa forma de ver a vida e as nosas pautas e preferencias de consumo. Agora somos máis sensibles ao impacto ambiental das compañías, consumimos produtos máis saudables e priorizamos as experiencias fronte ao consumo de obxectos materiais.

Demografía e sociedade

A lonxevidade constitúe unha das maiores transformacións deste século. As empresas xa están empezando a reaccionar ante estes cambios inminentes: tratamentos, coidados da terceira idade, benestar ou novas formas de lecer.

O mundo vai moi rápido

Inviste mellor con alguén que non o perda de vista

No BBVA contas con expertos que traballan para identificar as últimas tendencias, anticipar os próximos pasos do mercado e axudarche a investir mellor. Ademais, sempre que o necesites o teu xestor pode botarche unha man.
Coñece a nosa solución de investimento en megatendencias para banca privada
Podes facelo incluíndo un módulo de xestión activa dentro da túa carteira de investimento de banca privada.

Queres estar ao día das megatendencias?

O mundo cambia tan rápido que custa manterse ao día. E, para axudarche, creamos unha sección de webinarios, artigos e contidos de educación financeira con información actualizada.

Artigos que che poden interesar

Sabes en que fondo queres investir?
No noso buscador podes realizar buscas de fondos concretos, xa sexan do BBVA ou doutras xestoras internacionais, e filtralos segundo a túa idea de investimento.
Sabes en que fondo queres investir?
Encóntrao no buscador.
Encóntrao no buscador.