Que necesitas para abrir unha conta Online BBVA?

Contámosche que requisitos tes que cumprir e que necesitas ter a man para abrir unha conta no BBVA.
Para te faceres cliente do BBVA por Internet e abrires unha conta bancaria podes acceder a bbva.es (co ordenador, tableta ou móbil) ou utilizar a app do BBVA nun smartphone iOS ou Android.

Para te dares de alta en liña como cliente BBVA necesitas catro cousas:

1. Ser maior de idade (18 anos ou máis).

2. Documentación:

  • DNI ou NIE (número de identidade de estranxeiro en España).
  • Nalgúns casos poderemos solicitar documentación adicional como: nómina, un contrato laboral ou a última declaración do IRPF.

* Poderás anexar a documentación durante o proceso ou máis tarde no enderezo electrónico que che facilitaremos.

3. Ter á man o teu teléfono móbil.

  • No BBVA, para garantir a seguridade e comodidade dos nosos clientes, temos un sistema para asinar os contratos da túa nova conta e tarxeta do BBVA vía unha SMS gratuíta para o cliente. Enviaremos unha mensaxe desde o BBVA cunha clave de 6 díxitos coa que poder validar o proceso.

4. Conexión a Internet 4G ou wifi.

  • Se te vas dar de alta co móbil, recomendámosche que teñas unha boa conexión (4G ou WIFI) para non teres problemas de conexión durante a videochamada e que o proceso de alta se complete sen problemas.

Lembra: No BBVA non utilizamos tarxetas de coordenadas ou outros sistemas de claves. Para realizar calquera tipo de operación que necesites (contratar algún produto, realizar unha transferencia, etc.) sempre che enviaremos unha SMS ao móbil que nos indicases e validases.

É necesario facer un ingreso mínimo para abrir unha conta en liña no BBVA?

Non é obrigatorio, pero se o desexas, e pola túa comodidade, poderás traer o teu diñeiro doutro banco durante o proceso de alta da túa nova conta.