Como podo abrir unha conta a través da app do BBVA ou de bbva.es?

Estes son os pasos que debes realizar para abrir unha conta a través da web ou do móbil.

Para te faceres cliente do BBVA a través da app BBVA ou de bbva.es (con ordenador, tableta ou móbil) debes ter en conta 4 cousas:

  1. Ser maior de idade (18 anos ou máis).
  2. Ter un número de DNI ou NIE (número de identidade de estranxeiro en España).
  3. Ter a man o teu teléfono móbil.
  4. Conexión a 4G ou WIFI

Se non estás seguro sobre que conta queres contratar, consulta as nosas contas.

Elixe a canle pola que te vas dar de alta:

Podes facelo a través de ordenador ou tableta. O proceso levarache entre 9 e 14 minutos. Unha vez finalizado, asegúrate de entregar a documentación requirida.

  1. Accede a bbva.es e fai clic en "Faite cliente", situado na parte dereita da cabeceira.
  2. Selecciona a conta que queres contratar e preme o botón "Abre a túa conta...".
  3. Le as instrucións > Empezar.
  4. Escolle cantos titulares terá a conta > Seguinte.
  5. Introduce o teu usuario (será o teu DNI, NIE, TIE) e crea unha clave de acceso.
  6. Introduce os teus datos de contacto.
  7. Anexa unha foto da túa tarxeta de identidade pola parte dianteira e traseira (se non a tes á man durante o proceso pódela enviar despois por correo a: (altaclientes@bbva.com).
  8. Selecciona a túa actividade económica.
  9. Indica os teus datos persoais.
  10. Escolle a forma na que queres que se verifique a túa identidade. Se queres coñecer máis sobre as formas de verificación de identidade e o seu propósito, fai clic aquí.
  11. Le os documentos e asina coa clave que che enviaremos por SMS.

Queres saber cando poderás comezar a operar coa túa conta? Aprende máis aquí.

 

Poderás completar este proceso a través de Android ou IOS e a túa conta estará operativa ao instante.

  1. Accede á aplicación BBVA.
  2. Fai clic en Faite cliente.
  3. Escolle a conta que queiras abrir > Quero a miña conta xa.
  4. Le os requisitos e fai clic en Empezar.
  5. Escribe o teu DNI e escolle un contrasinal.
  6. Anota o teu correo e o número de teléfono > Continuar.
  7. Fai unha foto do teu DNI, fai unha selfie e un vídeo co teu documento de identidade.
  8. Responde cal é a túa ocupación > Continuar.
  9. Indica os teus datos persoais.
  10. Le os documentos e contratos da túa conta.

Dúbidas frecuentes

Notificaranme cando a miña conta estea operativa? 

Se es novo cliente e non fixeches o proceso de alta polo móbil (neste caso queda operativa desde que finalizas a videochamada) recibirás un correo electrónico para informarte de que a túa conta está operativa e podes comezar a usala desde o primeiro momento.

Por que podo acceder a bbva.es coas miñas claves pero non vexo o meu número de conta?

O motivo é que a túa conta aínda non está operativa. Así que o estea enviarémosche un correo electrónico e poderás ver o teu número de conta accedendo á túa área privada na túa posición global.

Como podo coñecer o meu número de conta aínda que a conta non estea operativa?

Pódelo encontrar no teu contrato de conta.