Tarxetas con desconto en gasolina ou combustible

Explicámosche como funcionan as tarxetas que teñen vinculado un desconto en gasolina ou combustible
As tarxetas de crédito ofrecen toda unha serie de vantaxes que van moito máis alá de facilitar unha vía de financiamento rápida para gastos puntuais. De feito, moitos clientes destas tarxetas non adoitan utilizar o crédito que teñen dispoñible. Entón, para que as necesitan? A resposta é porque moitas destas tarxetas teñen asociadas vantaxes como: programas de puntos, seguros de viaxe ou roubo e un longo etcétera.
Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.
Hoxe destacamos os descontos que teñen algunhas destas tarxetas en estacións de servizo, tanto en recargas de combustible como nas compras que se poden realizar nas tendas destas gasolineiras.

Aforra con cada recarga de combustible

Existen no mercado un bo feixe de tarxetas de crédito que ofrecen aos seus clientes descontos á hora de recargar combustible en gasolineiras asociadas ou na compra de produtos para o seu vehículo.

Dependendo da tarxeta que se contratase, estes descontos poden ir desde o aforro duns céntimos por litro de combustible ata un desconto dunha porcentaxe no total da recarga.

Por exemplo, a tarxeta Repsol más BBVA ofrece aos seus titulares un desconto de ata 7 céntimos por litro de combustible en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor. Ademais, esta tarxeta outorga un desconto do 5 % en compras nas estacións de servizo asociadas.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Requisitos para acceder a unha tarxeta con desconto en gasolineiras

Os requisitos para acceder a este tipo de tarxetas de crédito son os habituais noutras tarxetas. Se a tarxeta é de débito, abondará con ter unha conta aberta na entidade, mentres que se é de crédito, o normal é que se deba ter unha nómina domiciliada e que o banco aprobe a súa concesión de acordo co estudo que realice. Non obstante, estes requisitos varían en función de cada entidade bancaria.
CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.