Como funciona unha tarxeta revolving

Mostrámosche cales son as características das tarxetas revolving e como se utilizan.
Unha tarxeta revolving é un tipo de tarxeta de crédito coa que todas as compras ou disposicións de efectivo que se realizan con ela quedan adiadas automaticamente. Deste xeito, o usuario da tarxeta pode realizar o pagamento destas compras en cómodos prazos.
Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Como en calquera tarxeta de crédito, pódense realizar pagamentos, independentemente de que se teña diñeiro na conta asociada, xa que as compras que se realizan non son cargadas na conta inmediatamente, senón que se adían para pagalas posteriormente.

As tarxetas de crédito convencionais permiten pagar no mes seguinte (sen xuros) todo o que se gastou, ou adiar o pagamento a prazos (con xuros). As tarxetas revolving só permiten adiar as compras nas cotas que elixa o usuario da tarxeta, o que comporta unha serie de xuros que virán específicados no contrato da tarxeta.

Á hora de devolver o crédito concedido nunha tarxeta revolving o usuario ten dúas opcións:

  • Pagar unha porcentaxe: o cliente escolle que porcentaxe do saldo pendente quere devolver cada mes, sempre dentro duns mínimos e máximos que varían en función da tarxeta e da entidade bancaria en que se contratase. Por exemplo, a tarxeta revolving A tu ritmo BBVA permítelle ao usuario escoller a devolución dunha cantidade mensual que vai do 3 % ao 25 %.
  • Pagamento fixo: o cliente paga unha cota fixa, dentro duns mínimos e máximos que dependen das condicións da túa tarxeta revolving. Retomando o exemplo anterior, para a tarxeta A tu ritmo BBVA estes límites están entre os 20 e os 200 €.

En ambas as dúas opcións o importe pago inclúe tanto os xuros como as comisións que correspondan.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Ademais de facilitar a devolución do crédito disposto, as tarxetas revolving tamén teñen as vantaxes propias das tarxetas de crédito convencional, como seguros ou descontos, dependendo da tarxeta contratada.

Se necesitas máis información sobre tarxetas revolving, podes acudir a calquera oficina BBVA. Os nosos xestores axudaranche no que necesites.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.