Que é unha tarxeta moedeiro

Contámosche como funciona e cales son os usos máis frecuentes deste tipo de tarxeta.
As tarxetas moedeiro son tarxetas prepagamento nas que o usuario carga unha cantidade de diñeiro para, posteriormente, realizar pequenos pagamentos de maneira cotiá. Este tipo de tarxetas son unha alternativa á tarxeta de crédito ou de débito, e utilízanse principalmente en compras de importe reducido en establecementos ou servizos adheridos, así como a través da Internet.
Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.
O uso das tarxetas moedeiro é bastante sinxelo. O usuario só ten que decidir que cantidade de diñeiro desexa recargar na tarxeta para telo dispoñible. A tarxeta pódese cargar na oficina do seu banco, nun caixeiro automático ou na propia web da súa entidade bancaria. Unha das vantaxes das tarxetas prepagamento é o control sobre o seu uso, xa que só se poderá utilizar ata gastar o importe que se recargase previamente. Por suposto, pódese volver cargar as veces que se desexe.

Para que son útiles as tarxetas prepagamento?

Moitas persoas encontran especialmente útiles as tarxetas moedeiro ou prepagamento á hora controlaren o gasto xa que só se pode utilizar o diñeiro que previamente se ingresou na tarxeta, o que axuda a controlar o orzamento. E esta característica fainas especialmente interesantes para as familias que queren controlar os gastos dos seus fillos. Cunha tarxeta moedeiro asegurarémonos de que os nosos fillos sempre dispoñan de diñeiro para utilizar, pero que este sexa limitado a unha cantidade que nós ingresaremos previamente.

As tarxetas moedeiro serven para realizar as compras diarias dunha maneira bastante cómoda, xa que entre as súas principais vantaxes se encontra axilizar os pagamentos en efectivo sen necesidade de levar moedas ou billetes.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Compras en liña

Mención á parte merece o seu uso en compras en liña. A pesar de ser unha forma cada vez máis frecuente de adquirir produtos ou contratar servizos, aínda existe certa reticencia por parte dalgúns usuarios a comprar por Internet, principalmente por motivos de seguridade. Ao operar cunha tarxeta moedeiro pódese ter a tranquilidade de que non se están entregando os datos dunha tarxeta que estea asociada a unha conta corrente onde estean todos os nosos aforros. Só se introducen os datos da tarxeta moedeiro, que pode ter a cantidade xusta de diñeiro para realizar esa compra en concreto.
CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.