Tarxeta Aqua Prepagamento
A tarxeta recargable e aínda máis segura.
- Aínda máis segura: non ten números impresos, só os poderás ver ti na app do BBVA.
- Poderás recargala de forma ilimitada sen custo.
- Con control de gastos: recibirás notificacións cada vez que a uses.
Tes unha filla ou fillo de 0 a 17 anos? Ábrelle a Conta Online para Menores
Ademais, se ten 12 anos ou máis, inclúe a súa propia tarxeta de débito Aqua, unha Conta Aforro Metas e acceso á app BBVA adaptada á súa idade na que tamén lle poderás activar Bizum.
O teu moedeiro dixital
Controla o teu diñeiro como se o levases na carteira
Coa tarxeta Aqua Prepago só gastas o diñeiro que recargues. Á comodidade de pagar con tarxeta sumarás a tranquilidade de gastar unicamente o saldo que teñas dispoñible e nin un euro máis.
Facer recargas non che custará nada
Poderás recargala todas as veces que queiras, sen ningún custo e así de fácil:
- Accede á túa tarxeta Aqua Prepago a través da app BBVA, de bbva.es, dun caixeiro BBVA, desde unha oficina BBVA ou chamando ao 900 102 801.
- Escolle un importe entre 6 € e 1.000 €, que se sumará ao saldo que tivese a tarxeta.
- Usa a tarxeta para pagares o que queiras ata que se esgote o saldo dispoñible.
- Realiza unha nova recarga e sigue dispondo dela.
Cun nivel de seguridade que non esperas
Sen números impresos para gañar en seguridade
Eliminar os números da tarxeta Aqua Prepago é unha grande idea porque, se a perdes ou se cha rouban, ninguén máis a poderá usar. Só ti poderás consultar os seus datos desde a app BBVA.
As túas compras online, máis protexidas que nunca
Cada vez que uses a tarxeta en Internet, abrirás a app BBVA para obter un código CVV exclusivo para confirmares esa operación, que será válido unicamente durante uns poucos minutos. Cada pagamento estará superprotexido.
E ademais pódela levar no móbil
Se engades a túa tarxeta Aqua Prepago a Pagamento Móbil BBVA, Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay, poderás pagar en calquera comercio co teléfono móbil, sen teres que levar a tarxeta.
Todo controlado desde a app BBVA
Apaga e acende a túa tarxeta cando queiras
Se non vas usar a tarxeta, ou se inesperadamente non a encontras, apágaa desde a app BBVA e volve acendela cando apareza ou cando a queiras volver usar.
Os teus pagamentos perfectamente controlados
Cada vez que uses a tarxeta recibirás unha notificación no móbil. Se algunha vez pasa algo raro, saberalo ao momento.
Non quedes con ningunha dúbida.
A tarxeta Aqua Prepago ten unha comisión anual de emisión e mantemento de 5 €.
Tarxeta Aqua Prepagamento
Solicitar