Como anular unha tarxeta de crédito

Se ben é un proceso sinxelo, é imprescindible ter en conta unha serie de detalles

Unha tarxeta de crédito é un instrumento financeiro moi útil, pero dado o caso pode ser necesario ter que cancelala: se cha quitan, se non che ofrece unhas boas condicións, se xa non a precisas, etc. Anular unha tarxeta de crédito é en realidade algo máis sinxelo do que se pode pensar nun principio, pero é necesario coñecer o procedemento para evitar que siga xerando xuros se non o fixemos ben.

Os motivos para cancelar unha tarxeta son variados, de xeito que, en función da súa natureza, o procedemento para dar de baixa a tarxeta é distinto en cada caso. Imos ver como actuar segundo a motivación que nos leve á cancelación.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Pasos que hai que dar para cancelar unha tarxeta por motivos persoais

Cando o propietario dunha tarxeta de crédito decide cancelala, non abonda con coller unhas tesoiras e cortala. Se non se segue o procedemento, a cancelación non será efectiva e a tarxeta de crédito seguirá xerando as comisións e os xuros habituais.

Para levar a cabo a cancelación non pode haber ningún movemento a favor ou en contra, pois do contrario, e aínda que se tratase dun saldo moi pequeno, a tarxeta seguiría xerando gastos. Unha vez que o saldo da tarxeta é cero, hai que notificar á entidade bancaria que se quere cancelar a tarxeta acudindo a unha oficina da entidade, chamando por teléfono ou en calquera das plataformas que teña habilitadas o banco.

Cando a entidade bancaria comprobe que o saldo da tarxeta é, efectivamente, cero, iniciará os trámites de cancelación. Por último, hai que entregar a tarxeta física na sucursal.

Como cancelar unha tarxeta en caso de roubo ou perda

Se en lugar de dar de baixa unha tarxeta de maneira voluntaria, veste forzado a isto porque cha roubaron ou a perdiches, o procedemento que hai que seguir é distinto ao mencionado anteriormente.

Co obxectivo de axilizares o procedemento, na web do BBVA existe un apartado no que se especifican as diferentes vías que existen para cancelar a tarxeta.

En caso de roubo é fundamental bloquear a tarxeta para que non poida ser usada e, así, sexa imposible sacar diñeiro con ela en caixeiros ou realizar calquera operación en liña coma compras ou transferencias. A operación pódese realizar a través da propia páxina web, da app móbil BBVA España, chamando por teléfono á liña BBVA ou en calquera oficina do BBVA. Unha vez bloqueada a tarxeta, o titular da mesma recibirá unha nova que mantén o contrato e o PIN da roubada, pero cun novo número PAN.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

É importante lembrar que en caso de roubo, ademais de bloquear a tarxeta hai que denunciar o feito na comisaría máis próxima, xa que a entidade bancaria pode solicitar a denuncia nalgún intre.

Coa aplicación do BBVA podes consultar os movementos da túa tarxeta de crédito e ver se hai extractos ou pagamentos que non realizaches e, de ser o caso, poder cancelar a túa tarxeta de maneira inmediata.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.