Experiencias
Servizo Cambio de Banco
Cámbiate ao BBVA e faremos todas as xestións por ti.
Simulador de paneis solares
Calcula o teu aforro con paneis solares na túa vivenda.
Apartados: se non o vexo, non o gasto
Garda diñeiro da túa conta principal e aforra facilmente.
Proba BBVA sen seres cliente
Descubre as funcionalidades da app do BBVA sen abrires unha conta.
Bizum
Envía e recibe diñeiro desde o móbil ao momento. Tan fácil como mandar unha mensaxe.
Pagamento móbil
Deixa atrás o efectivo e paga as túas compras a través do móbil.
Queres probar a app BBVA sen ser cliente?
Tes 2 maneiras de facelo:
Terás un Seguro de atraco en caixeiros que cobre:
Este seguro cobrarache un gasto por franquía de 30 € para entregarche a indemnización.
Depende do caixeiro e do xeito de pagamento que elixas.
Antes de operar, o caixeiro pregunta como retirar o diñeiro:
Antes de retirar o diñeiro, o caixeiro vaite informar da comisión exacta.
Antes de operar, o caixeiro pregunta como retirar o diñeiro:
Antes de retirar o diñeiro, o caixeiro vaite informar da comisión exacta.
Antes de operar, o caixeiro pregunta como retirar o diñeiro:
Non obstante, se escolles algún dos plans de Pack Viajes con límites superiores desde a app, devolverémosche estas comisións.
Este é un exemplo do funcionamento da tarxeta de crédito Aqua Más se decides pagar o recibo a fin de mes nun pagamento único.
Cada vez que compres coa tarxeta, usas o límite a crédito dispoñible, non o saldo da túa conta.
Ten en conta que poderás comprar coa túa tarxeta aínda que non teñas o diñeiro na conta nese momento. Así que é importante que te asegures de teres o importe na conta cando se cobre o recibo.
O período de liquidación comeza o primeiro día hábil e acaba o último día hábil do mes.
Este último día (30 ou 31) xérase o recibo correspondente á liquidación dos pagamentos que realizases coa tarxeta de crédito durante este período. A data de cargo do recibo na conta é o día 5 do mes seguinte.
Co pagamento personalizado, podes fraccionar o pagamento de calquera compra realizada coa tarxeta e tamén o recibo da liquidación mensual da tarxeta, sempre que sexa igual ou superior a 50 €.
O importe das cotas mensuais será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros, se é un pagamento personalizado con xuros, ou capital e comisións, se é un pagamento personalizado con comisión) e dependerá do prazo que escollas, dentro dun mínimo de 3 meses e un máximo de 36 meses. Este importe cargarase na conta o día 5 de cada mes.
A primeira cota en ambos os casos é distinta:
Así que contrates a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, poderás calcular como quedaría a túa cota mensual segundo o prazo que escollas.
TIN: 21,60% anual. Límite de crédito: 1.500 €.
Comisión de adiamento: 0%, 4,30%, 5,20% ou 6% sobre o importe financiado segundo o prazo escollido de 3, 4, 5 ou 6 meses.
TIN: 0% anual. Límite de crédito 1.500 €.
A continuación detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses. O TIN en todos os casos é o 0 %.
Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.
Co pagamento adiado, podes pagar cada mes unha cota fixa do gasto da túa tarxeta. Esta forma de pagamento ten xuros.
TIN: 19,80%. Límite de crédito: 1.500 €.
Unha vez contratada a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular o prazo de amortización segundo a forma de pagamento que escolleses, así como os xuros totais pagados se os houbese.
Tamén podes utilizar o simulador de tarxetas do Banco de España para calcular o importe total que terás que pagar aproximado ou a data en que terminarás de pagar en función do gasto e a forma de pagamento elixida.
Lembra que podes cambiar a forma de pagamento da tarxeta cando queiras.
Este exemplo realizouse conforme á información esixida pola Orde EHA/1718/2010 de regulación e control de publicidade dos servizos e produtos bancarios, cuxas condicións poden non corresponder coas do contrato.
Se fas unha compra de 1.500 € cun tipo de xuro do 19,80%TIN e elixes pagar unha cota fixa mensual de 45,49 €, terás que pagar:
IMPORTANTE: Co sistema de liquidación da tarxeta de crédito Aqua Más, non sempre é posible a amortización do crédito en 48 cotas mensuais constantes, porque o importe mínimo para amortizar é do 3% do saldo disposto. Isto quere dicir que cada mes pagarás a maior das seguintes cantidades:
Se contratas esta tarxeta e nese mesmo día, por exemplo o 8 de marzo de 2026, fas unha compra por 1.500 € e decides pagar unha cota de 37 € o día 5 do mes, o importe total que terás que pagar en 48 meses aplicando unha TAE do 19,80% sería de 2.078,28 €. A TAE será do 21,53%.
* Oferta válida durante o mes en curso.
O código CVV (Card Verification Value) da tarxeta de débito ou crédito serve para verificar que a persoa propietaria da tarxeta é quen realiza a compra. Este código adoita ir impreso na parte de atrás da tarxeta física.
Para engadir unha capa máis de seguridade, todas as tarxetas Aqua incorporan un CVV dinámico. Este código xérase para as compras en liña e só está dispoñible durante 5 minutos. Deste xeito, o teu diñeiro queda aínda máis protexido ante posibles fraudes ou ciberataques.
Se realizas unha compra en calquera comercio de Internet e non che chega, chega de forma defectuosa ou non se corresponde co que che ofreceron, o BBVA axudarache a realizar a reclamación no comercio ata 180 días despois da data de pagamento da compra.
Máis información sobre o Servizo de Xestión de Disputas.
Para compras en moeda distinta ao euro non se cobrará comisión ata os 300 primeiros euros ao mes. A partir de 300 euros ao mes en compras en moeda distinta ao euro e para todas as retiradas de efectivo no estranxeiro cobrarase unha comisión do 3% sobre o importe equivalente en euros segundo o cambio obtido polos Sistemas de Pagamento na data en que practiquen a liquidación correspondente.
Se prefires esquecerte dos límites, podes activar algún dos plans de Pack Viajes dispoñibles. Desde só 2,99 €/mes poderás aumentar o teu límite e realizar retiradas de efectivo sen comisións. Podes activalo e desactivalo cando queiras.
Coa tarxeta de débito pagas as compras ao momento co saldo que tes na conta.
Coa tarxeta de crédito dispós dun límite de crédito para comprar no momento e pagar cando mellor che veña: o mes seguinte, a prazos ou cunha cota fixa mensual.
Para contratala sendo xa cliente, podes acudir a unha oficina ou facelo a través da canle dixital:
A normativa establece que debemos facilitarche este documento coa información precontractual e previa de servizos de pagamento da tarxeta Aqua Más para que coñezas as condicións da tarxeta e poidas tomar unha decisión informada.
Tamén é importante que consultes a regulación europea PSD2 sobre a seguridade para pagamentos con tarxeta.
Calculadoras e simuladores
Utilidades
Se atopaches algunha vulnerabilidade no BBVA da que queres informar, accede a este formulario.