Cales son as comisións máis habituais dos caixeiros

Coa reforma de 2015, o panorama das comisións cambiou en España: coñece a súa situación actual aquí

Sacar diñeiro coa tarxeta de crédito ou débito nun caixeiro automático é unha operación que a ninguén lle resulta descoñecida. Aínda que case todos os establecementos, xa sexan restaurantes, tendas, cines ou teatros, permiten realizar os pagamentos directamente coa tarxeta, levar algo de efectivo enriba é a mellor opción de evitar posibles imprevistos. Porén, á hora de sacar diñeiro da nosa conta é importante coñecer cales son e como funcionan as comisións dos caixeiros.

Ata outubro de 2015, as comisións dos caixeiros establecíanse, por norma xeral, en función da rede á que pertencesen as entidades bancarias. É dicir, os caixeiros agrupábanse segundo fosen Servired, Sistema 4b ou Euro 6000 e, ademais, cobraban entre si unhas comisións por operación. Porén, o Consello de Ministros aprobou o Real decreto-lei 11/2015, polo que se prohibiu que as entidades titulares dos caixeiros cobrasen as comisións directamente aos titulares das tarxetas, senón que o cobramento da comisión cóbralla o titular do caixeiro á entidade emisora da tarxeta, que poderá repercutir esa comisión ao titular. De xeito que hoxe non temos que preguntarnos xa en que rede estamos sacando diñeiro, senón máis ben en que banco: Santander? CaixaBank? Sabadell?

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Características principais do sistema de comisións

O Real decreto-lei 11/2015, mencionado anteriormente, aprobouse co fin de que os servizos de pagamento sexan prestados en condicións de competencia, transparencia e confianza entre as partes. Esta lei entrou en vigor en outubro de 2015 e supuxo unha serie de novidades que rexen na actualidade o establecemento e o cobramento das comisións nos caixeiros. Estas características son as seguintes:

  • Cada entidade individual é a encargada de decidir que comisións cobra polo uso dos seus caixeiros ao resto de entidades. Con esta norma cambia de maneira total o sistema utilizado até o de agora, de maneira que as comisións non se deciden de maneira conxunta segundo a rede de medios de pagamentos que utilice cada banco. É dicir, dúas entidades distintas nunha mesma rede, por exemplo Servired, antes da lei cobraban as mesmas comisións nos seus caixeiros; agora cada unha é libre de fixar as que queira, cos límites de competencia e transparencia establecidos. A comisión que ten que satisfacer a entidade emisora á entidade titular do caixeiro poderá ser obxecto de acordo entre as entidades.
  • A comisión non se pode cobrar directamente ao usuario da tarxeta, senón que se carga ao banco emisor desta.
  • O banco emisor poderá repercutir ou non ao titular da tarxeta a comisión que pagou ao banco titular do caixeiro. No caso de que o banco decida repercutir a comisión do caixeiro ao titular da tarxeta, tamén poderá decidir se o fai de forma total ou parcial, así como establecer diferentes porcentaxes da comisión en función da entidade bancaria na que o seu cliente retirase o efectivo.
  • Se a entidade financeira decide cobrar a comisión ao seu cliente, o importe solicitado nunca poderá ser superior ao que lle cobrase o banco propietario do caixeiro.

Como afectan as comisións dos caixeiros aos clientes BBVA?

Se es cliente do BBVA e tes unha tarxeta de crédito ou débito, seguro que te estás a preguntar de que maneira che afectan a ti as comisións dos caixeiros. Antes de empezar a facer números coas comisións de cada unha das entidades bancarias que existen no noso país, debes saber que o BBVA conta con máis de 6.000 caixeiros en todo o territorio nacional. Con esta amplísima rede de caixeiros é moi difícil que non atopes un a poucos metros do lugar no que esteas.

O BBVA non cobra comisións aos seus clientes cando sacan efectivo nalgún dos seus caixeiros a débito, é dicir, contra a conta de domiciliación de pagamentos. A cousa cambia cando a disposición se fai a crédito, é dicir, contra a conta de crédito da tarxeta. Neste caso, o BBVA cobra aos titulares unha comisión do 3,50 % cun mínimo de 3 €.

Para facilitar ao cliente a operativa de sacar diñeiro, o BBVA deseñou un localizador de caixeiros. Utilizar esta ferramenta é tan sinxelo como introducir no seu buscador a cidade, o código postal ou a rúa na que te atopes. Unha vez feito isto, poderás elixir entre buscar oficinas ou caixeiros e, a continuación, apareceranche sinalados nun mapa todos os caixeiros que tes preto.

A gran rede de caixeiros BBVA, unida á útil ferramenta de localización, pretende que sendo cliente BBVA non teñas que recorrer a entidades alleas. Porén, como non sempre é así, imos ver de maneira rápida e sinxela as comisións que teñen os caixeiros alleos ao BBVA.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Se tes que sacar diñeiro a débito, en CaixaBank, a comisión por retirada de efectivo é de 2 €. Se é no Banco Santander, a comisión será de 1,85 €. Moi similar a esta última é a comisión do Banco Sabadell, fixada en 1,80 €. No Grupo Banco Popular terás 1,50 € de comisión, no Bankinter será de 1 €, Bankia baixa até os 0,98 € seguido do Evo Banco con 0,65 € e do ING Direct cunha comisión de 0,50 €. Como explicamos, estas comisións cóbranas estas entidades ao BBVA, que posteriormente as repercute ao titular da tarxeta.

Dada a ampla rede de caixeiros do BBVA, redúcense as posibilidades de que teñas que recorrer a un caixeiro alleo á nosa entidade para sacar diñeiro. Non dubides en usar o localizador de oficinas e de consultar no web todas as vantaxes que ofrece a rede de caixeiros BBVA.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.