Opcións para retirar efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos

Alá onde esteas, e incluso sen saldo na conta, a tarxeta de crédito permitirache acceder sempre a diñeiro en efectivo.

Practicamente, o 100 % dos traballadores cobra a nómina con pagamento en conta, o que fai necesario dirixirse ao banco unha e outra vez para dispor de efectivo. Por iso, o frecuente xesto de retirar efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos é algo co que todos estamos familiarizados. Agora ben, existen diferentes opcións para efectuar retiradas de efectivo a débito ou crédito mediante tarxeta, sabíalo?

En función do tipo de tarxeta que teñas, do caixeiro ao que te dirixas e, sobre todo, do tipo de operación que fagas coa túa tarxeta poderás ter que enfrontarte a diferentes comisións para acceder a efectivo. De todo iso falámosche aquí para que non se che escape nada a próxima vez que te dirixas ao caixeiro para sacar o teu diñeiro.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Os tipos de tarxeta e as maneiras de disposición

Existen, en xeral, dous tipos de tarxetas: as de débito e as de crédito. Como o seu propio nome indica, cunha tarxeta de débito as compras e as retiradas son cargadas no momento á conta asociada e contra o seu saldo. É dicir, cárgase na túa conta automaticamente o que pagas, así como aquel diñeiro que retiras a débito do caixeiro.

No caso da tarxeta de crédito, porén, os pagamentos vanse acumulando na conta de crédito da tarxeta que se carga á conta bancaria, xeralmente, no prazo dun mes. Este tipo de disposición, polo tanto, é un crédito, coa vantaxe de que a súa tramitación é sinxela. Basta con pasares a tarxeta de crédito á hora de facer as compras ou realizar retiradas de efectivo a crédito de caixeiros automáticos.

Agora ben, ao realizar retiradas de efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos, tes que ter en conta que pode que teñas que pagar unha serie de comisións por facelo. Esta comisión non ten nada que ver co tipo de caixeiro nin con onde realices a retirada de efectivo, é dicir, mesmo en caixeiros automáticos BBVA hai que pagar unha comisión polo efectivo recibido a crédito. En definitiva, o que fas non é outra cousa que pedir un “minipréstamo”.

Talvez che interese saber que unha tarxeta de crédito non te obriga sempre a retirar efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos, senón que tamén che permite facelo a débito. É dicir, cunha tarxeta de crédito poderás, igual que cunha de débito, retirar efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos “en tempo real” sen pagar un céntimo en comisións se empregas un caixeiro BBVA. Para iso, é importante que no caixeiro fagas a túa retirada “a débito” e non “a crédito”. O caixeiro preguntarache, así que ten isto en conta en cada caso.

Onde retirar efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos

Unha das maiores vantaxes da tarxeta de crédito é, sen dúbida, a posibilidade de dispor do teu diñeiro en calquera parte do mundo. As diferentes marcas expendedoras de tarxeta con que traballa o BBVA (Visa, MasterCard, American Express, etc.) contan cunha compatibilidade global, é dicir, en practicamente calquera caixeiro do mundo poderás dispor de efectivo.

Este feito, no entanto, comporta nalgunhas ocasións gastos engadidos, xa que cada un dos diferentes caixeiros que existen esixe comisións singulares, que o caixeiro cobra primeiro ao BBVA e que despois o BBVA repercute ao cliente. Deste modo, polo tanto, á hora de realizar retiradas de efectivo a crédito ou débito mediante tarxeta, terás que ler con detalle a información mostrada na pantalla e no caixeiro automático para non levares sorpresas.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Independentemente da comisión por retirada de efectivo mediante tarxeta de cada caixeiro automático, ademais, tes que ter en conta que se fas unha disposición a crédito, esta estará tamén sometida ás comisións do teu contrato. Por exemplo, a comisión por cambio de divisa nunha moeda diferente ao euro. Polo tanto, aínda que unha tarxeta de crédito che pode salvar a vida nun momento determinado, é importante ter en conta estas posibles comisións engadidas para que non saia demasiado cara a retirada. 

En definitiva, unha tarxeta de crédito é unha ferramenta práctica e, se callar, necesaria para poder dispor do noso diñeiro alá onde formos. Aínda que unha retirada de efectivo pode supor un custo engadido por causa das comisións, estas poden ser compensadas coas distintas vantaxes.

O BBVA ofrece aos seus clientes unha ampla gama de tarxetas que, en función de cada perfil, intentan satisfacer as necesidades do cliente. No noso sitio web podes acceder a toda a gama de tarxetas do banco. Con calquera tarxeta BBVA, sacar diñeiro é algo rápido e sinxelo. Unha extensa rede de máis de 6.000 caixeiros propios, que podes coñecer no localizador de caixeiros do BBVA, permitirache aforrar comisións nas túas disposicións a débito. Non deixes de preguntar e de comparar a oferta do teu banco e de consultarnos polo sitio web calquera dúbida.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.