Vantaxes e inconvenientes de coches híbridos e eléctricos

Descubre as características dos novos coches eléctricos.
A ameaza do cambio climático motivou unha busca constante de alternativas enerxéticas máis ecolóxicas para o noso día a día. O transporte é unha das principais fontes de emisións de gases de efecto invernadoiro, polo que a súa adaptación a novos sistemas máis respectuosos co medio natural é fundamental. Os fabricantes de coches son conscientes diso e por iso están centrando os seus esforzos no deseño e a produción de coches ecolóxicos. Os sistemas híbridos e eléctricos representan a mellor alternativa para o sector automobilístico. Se queres coñecer as vantaxes e inconvenientes dos coches híbridos e eléctricos, sigue lendo.
Báner Superior Coche Báner Superior Coche
Encontra o financiamento que necesitas para o teu coche
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Como funcionan os coches híbridos e eléctricos?

Os coches híbridos son unha opción a medio camiño entre os vehículos tradicionais e os eléctricos. Nestes coches, o motor combina unha batería eléctrica co motor de gasolina ou diésel, de xeito que a enerxía eléctrica que produce o motor de combustión serve tamén para alimentar a batería do vehículo. Polo tanto, o vehículo alterna a batería eléctrica e o motor como fonte de enerxía, a un tempo que recarga a súa propia batería mentres está en circulación. Pola contra, os coches eléctricos dependen exclusivamente da enerxía eléctrica para o seu funcionamento, polo que necesitan recargar a batería tras o seu uso. 

De cara á súa condución, estes vehículos non presentan grandes diferenzas de funcionamento. De feito, a alternancia que se produce nos motores híbridos é automática, así que o condutor non se terá que facer cargo da súa recarga.

Vantaxes dos coches ecolóxicos

A principal vantaxe que presentan tanto os coches híbridos coma os eléctricos é que reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro e o consumo de gasolina. Os vehículos híbridos reducen considerablemente o nivel de emisións, mentres que os eléctricos eliminan por completo estas emisións ao carecer dun motor de combustión. De feito, estes coches non só supoñen unha mellor opción para o medio natural, senón que tamén representan unha alternativa ante a inminente desaparición dos combustibles fósiles. Nos vehículos híbridos, o motor eléctrico é o responsable de realizar os principais esforzos (como o arranque do coche), co que o consumo de gasolina é moi inferior. 

A estas vantaxes súmanse certos beneficios administrativos e fiscais. A necesidade de reducir a contaminación nas cidades conduciu a moitos gobernos a implantar políticas que favorezan o uso de coches ecolóxicos. Deste xeito, o condutor dun vehículo híbrido ou eléctrico pode acceder aos núcleos urbanos de moitas cidades nas que os vehículos tradicionais xa non están permitidos. Igualmente, estes coches son obxecto de descontos en peaxes ou aparcadoiros. 

Ademais, os expertos coinciden en que os coches eléctricos requiren un menor mantemento. Os vehículos eléctricos non utilizan pezas tan complexas e prodúcese menor vibración neles, polo que é máis difícil que haxa avarías. Por iso, a longo prazo o propietario dun coche deste tipo aforrará no mantemento do seu coche. 

Por último, ao contrario do que pensan moitos usuarios, estes vehículos evolucionaron significativamente nos últimos anos. De feito, hoxe en día a súa autonomía adoita ser igual, ou polo menos similar, á de calquera outro coche. Algo que difire no consumo de combustible fósil, sobre todo nos modelos híbridos, o cal é menor se o comparamos cos de gasolina ou diésel, feito que se pode comprobar coa nosa calculadora de combustible.

Báner Central Coches Ecolóxicos Báner Central Coches Ecolóxicos
Consigue o teu coche híbrido ou eléctrico
Se queres adquirir un vehículo ecolóxico, non perdas as nosas condicións especiais.

Inconvenientes dos coches ecolóxicos

Aínda que os coches eléctricos e os híbridos reduzan as emisións, non se pode dicir que non provoquen ningún tipo de contaminación. Por un lado, os coches híbridos aínda utilizan combustibles fósiles, así que a súa emisión é inferior, pero non inexistente. Doutra banda, as baterías eléctricas que utilizan tanto os coches híbridos coma os eléctricos non son reutilizables e, do mesmo xeito que as baterías dos móbiles e doutros dispositivos, supoñen unha fonte de contaminación cando se converten en refugallos que non se poden reciclar.

Así mesmo, o prezo pode ser un grande inconveniente para algúns usuarios. Estes vehículos seguen sendo máis caros ca os tradicionais do mesmo xeito que as súas baterías. Un investimento importante tendo en conta o desgaste que experimentan as baterías e o feito de que se deben renovar cada 10 ou 15 anos. 

A pesar de que estes vehículos contan con maior autonomía na actualidade, aínda representa un problema para os vehículos eléctricos. Ao contrario que os híbridos, estes coches non poden recargar a súa batería mentres circulan, senón que necesitan enchufarse en lugares acondicionados para ese propósito. Esta carga adoita tardar varias horas, a menos que se realice nun tótem que dispoña de carga rápida. Non obstante, polo momento existen poucos puntos de recarga dispoñibles no noso país. 

Para o BBVA a protección do medio natural é unha prioridade, así que queremos achegar o noso gran de area neste ámbito. Para conseguilo, propuxémonos facilitar aos nosos clientes a adquisición dun coche ecolóxico co que mitigar o seu impacto ambiental. Somos conscientes das vantaxes e inconvenientes dos coches híbridos e eléctricos, e sabemos que o investimento que supón un vehículo deste tipo é o principal desafío ao que se enfrontan os usuarios. Por esta razón, o BBVA ofréceche un financiamento en condicións especiais para que poidas comprar un novo coche co que combater o cambio climático. Visita bbva.es ou calquera das nosas oficinas para conseguir maior información.

CTA Coche CTA Coche
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.