Plan de pensións para a xubilación, todas as vantaxes

Se non queres traballar tras a xubilación, valora contratar un plan de pensións

Ata agora traballar despois de xubilarse era algo bastante raro. Só uns poucos decidían continuar en activo unha vez completada a idade de xubilación. Os motivos para facelo van desde a mellora na pensión que se consegue por cada ano traballado ata que simplemente lles gusta o seu traballo e se senten felices realizándoo. É unha situación que está mudando e cada vez é máis frecuente ver xubilados que continúan a traballar por motivos económicos. Por iso, o plan de pensións é a solución se non queres traballar despois de te xubilares.

Se facemos caso ao que ocorre nalgúns países de Europa, como o caso de Alemaña, non se trata tanto de ter un emprego a tempo completo como de completar ingresos na xubilación. É dicir, un traballo a tempo parcial, por horas, que permita contar cun pouco máis de diñeiro para manter o nivel que había durante a vida activa do traballador.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Plan de pensións para xestionar os nosos aforros

Se se ten en conta a deriva que está a tomar o peto da Seguridade Social, o certo é que parece que as pensións que se cobrarán deica uns anos serán menores do que son actualmente. A menos que exista unha reforma de todo o sistema e que se busque financiamento independente das cotizacións, ou que se reduza a contía destas, pagalas tal e como están formuladas será moi complicado.

Por iso, moitos aforradores pensan nun plan de pensións para poder ter a tranquilidade de facer o que desexen chegado o momento do retiro. Ademais, esta ferramenta financeira supón un bo incentivo para mellorar a fiscalidade.

Tamén axudan a posibilidade de poder rescatalo en determinadas circunstancias, a liberdade para facer as achegas (cada un ao seu ritmo), a facilidade para planificar e a flexibilidade, o que supón unha tranquilidade para aforrar a longo prazo.

Ademais, o habitual é que os instrumentos financeiros de investimento fagan crecer estes aforros, mellorando a súa rendibilidade. Isto permite que a renda que se quere conseguir se prolongue máis ao longo do tempo, pero é importante facer un seguimento adecuado do tipo de produto escollido para ir adecuando o seu perfil de risco co noso.

Plan de pensións para manter o noso poder adquisitivo

Canto diñeiro terei cando me xubile?

Esta é a pregunta que moitas persoas se formulan, especialmente cando está preto a chegada dese momento. Pero o certo é que canto antes se analice esta cuestión, máis marxe hai para encontrar as solucións.

Porque moitas persoas ven a xubilación como unha oportunidade para faceren todas esas cousas que non puideron facer mentres traballaban; especialmente viaxar, gozar do descanso e do lecer, etc. E todo isto é imposible se a pensión que se cobra apenas dá para cubrir os gastos básicos. E tampouco se hai que recorrer a un minijob para mellorar os ingresos da pensión pública.

Hoxe en día, todos os pensionistas que queiran poden traballar. Iso si, compatibilízase o cobramento do 50 % da pensión de xubilación cun traballo por conta propia ou allea. Pero isto ten moitas probabilidades de cambiar, facilitando o cobramento do 100% da pensión pública coa posibilidade de seguir traballando.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Todo isto indica que o exemplo de Alemaña é o camiño que se debe seguir. A forma de manter o poder adquisitivo, para quen non fose previsor ou non puidese aforrar, pasaría por traballar a tempo parcial despois da xubilación. Isto impide dispor dun dos activos fundamentais cando chegue o momento da xubilación: o tempo libre para poder facer o que se queira.

Porén, non é o ideal, supón un cambio cultural moi importante en todos os aspectos. Tamén a nivel social, onde os “avós” son un apoio fundamental para moitas familias, non só co coidado dos netos, senón tamén en épocas de crise, como sustento económico da familia grazas á súa pensión.

O plan de pensións permite dispor dunha pequena renda cada mes que garante manter o poder adquisitivo. Pero, ademais, ao non retirar todo o diñeiro dunha vez, a cantidade que permanece continúa xerando beneficios, polo que a renda se pode prolongar durante anos. Isto dependerá do volume total do diñeiro depositado e da rendibilidade do plan. Encontra o teu plan.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?