Que é un plan de pensións conservador

Descubre as vantaxes e inconvenientes dos plans con menos risco.
Os plans de pensións son instrumentos de aforro que teñen como obxectivo principal xerar un aforro co que complementar a pensión pública tras acceder á xubilación. Estes vehículos de investimento pódense clasificar como máis ou menos conservadores en función do tipo de activos en que invisten. Un plan de pensións conservador inviste en activos de baixo ou moi baixo risco, que é o que se analiza en profundidade neste artigo.
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Que son os plans de pensións?

En primeiro lugar, é necesario abordar con máis detalle as características dos plans de pensións. Estes son vehículos de aforro previsional a longo prazo que permiten aos partícipes investir unha parte do seu diñeiro para tratar de sacarlle o máximo partido en termos de rendibilidade para o momento que o rescaten, pola continxencia de xubilación ou outra. A súa principal diferenza fronte a outros produtos de investimento é que as achegas están fiscalmente incentivadas, polo que os seus beneficios non derivan só dos resultados do investimento, senón tamén da redución das cargas tributarias no momento da achega.

Funcionamento e clasificación dos plans de pensións

Aínda que as súas características fiscais e as condicións nas que se pode efectuar o reembolso do capital son distintas das doutros produtos de aforro, o funcionamento dos plans de pensións é moi similar ao dos fondos de investimento. De feito, os plans de pensións adscríbense a fondos de pensións. Os investidores compran participacións nun fondo que xestiona de forma colectiva o capital en función dunha política de investimento establecida de antemán. Atendendo ao tipo de activos ao que se dedica o fondo, os plans de pensións pódense clasificar entre plans de renda fixa, variable, mixta ou plans garantidos, sendo os primeiros e os últimos os plans que se consideran máis conservadores.

Plans de pensións de renda fixa

Os plans de pensións de renda fixa son, como o seu propio nome indica, os que invisten en activos deste tipo. A carteira típica destes plans aposta por activos do mercado monetario ou títulos de renda fixa de gobernos ou de empresas con alta cualificación crediticia e vencementos a curto prazo. Son activos de baixa volatilidade, aínda que a súa rendibilidade esperada é máis limitada. Aínda que se trata de produtos de baixo risco, o seu rendemento está estreitamente ligado á conxuntura económica e, en situacións de crecemento económico negativo como as dos últimos anos, pódense ver afectados por variables de mercado, fundamentalmente os tipos de xuro.

Plans de pensións garantidos

Os plans de pensións garantidos son tamén unha opción con mínimo risco, moi adecuada para os perfís de investimento máis conservadores. Nestes casos, as entidades xestoras ofrecen aos titulares a seguridade de que poden recuperar unha porcentaxe do seu investimento inicial, que pode ser o 100 %, sempre que o partícipe espere á data de vencemento, que é cando se aplica a garantía. No caso de que estas condicións non se cumpran e se intente rescatar o plan antes da data acordada, pérdese a garantía e o rescate faise en función do valor liquidativo das participacións nese momento, o que pode ocasionar perdas se se trata dun valor inferior ao do momento da compra. Normalmente, ofrecen un rendemento adicional vinculado ao comportamento de activos como índices ou cestas de valores.

Vantaxes e inconvenientes dos plans de pensións conservadores

Os plans de pensións conservadores teñen un público obxectivo ben definido: aqueles que teñen un horizonte temporal reducido ata a xubilación. Nese escenario, a prudencia aconsella non pór en risco o esforzo de aforro das décadas anteriores e evitar asumir riscos innecesarios. A preservación do capital é o principal obxectivo, e por iso se asume unha rendibilidade esperada baixa. Polo tanto, un baixo nivel de risco é o principal argumento ao seu favor e un potencial máis limitado de rendibilidade é o principal inconveniente.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

A respecto disto, é moi importante ter en conta o ciclo de vida do aforro para a xubilación na súa fase de acumulación: é preciso comezar con antelación para asumir riscos, e optar a maior rendibilidade, cando a xubilación está lonxe, para poder compensar aqueles períodos nos que por prudencia hai que primar a seguridade e, polo tanto, se van obter rendibilidades menores, por veces inferiores á inflación.

En resumo, os plans de pensións máis conservadores foron tradicionalmente un produto seguro e de escaso risco, pero conxunturas económicas como a actual poden ver reducida a rendibilidade, xa de por si baixa, destes plans. En momentos como este, pode ser máis interesante arriscarse por produtos menos conservadores, como os activos variables ou unha combinación de fixos e variables, que poida ofrecer un maior rendemento, e sempre que o noso perfil de risco o tolere. Se queres saber cal pode ser o plan de pensións máis apropiado para ti, entra en bbva.es, descubre os nosos plans de pensións e comeza xa a planificar o teu futuro.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?