Como realizar unha comparativa entre contas nómina

Descubre que debe ter unha conta nómina para sacarlle o máximo partido aos teus ingresos e ser premiado por eles

Dispor dunha conta bancaria é moi importante. Serviranos tanto para operar no día a día, como para ingresar o diñeiro da nosa nómina, domiciliar recibos (luz, auga, teléfono…) ou recibir ingresos recorrentes.

Agora ben, que debe ter unha boa conta para ingresar a nosa nómina? E en que banco se ten que abrir preferiblemente unha conta? Coñece todo isto por ti mesmo e empeza desde agora mesmo a facer a túa comparativa de contas nómina para quedares coa mellor.

Báner superior Contas sen comisións Báner superior Contas sen comisións

Coñece a Conta En liña sen Comisións

Onde abrir unha conta nómina?

Hai moitas contas diferentes para escoller en función da entidade onde se abra. Agora ben, cada unha das institucións presenta un perfil moi concreto e, a longo tempo, unhas condicións e prestacións moi precisas. Estas, cando son de calidade, adáptanse mellor ás necesidades do usuario, de xeito que paga a pena sopesalas a priori. É dicir, antes de abrir unha conta nómina, bota unha ollada ás ofertas existentes e, nunha rápida comparativa, valora onde é mellor abrir a túa.

Cal é o mellor banco? Sinxelamente, aquel que che ofrece produtos competitivos e unha oferta de primeira. En termos actuais, isto tradúcese en excelentes prestacións a custo cero, unha aplicación de calidade para o móbil, por exemplo con ferramentas de pagamento de última xeración, e un soporte para o día de mañá cunha oferta sólida de hipotecas, préstamos, etc. En resumo, o banco ideal será aquel que, ademais de prestacións financeiras de primeira, tamén che ofreza unha oferta virtual convincente e práctica que che facilite a vida.

Que debe ter unha conta nómina?

Domiciliar a nosa nómina non é máis que o trámite polo que a empresa que nos paga ingresa regularmente o salario a unha conta, case sempre mediante unha transferencia. Este feito, ademais de regularidade na conta, pódeche supor excelentes vantaxes engadidas, xa que os bancos agradecen tales domiciliacións con atractivas contas nómina que premian a fidelidade.

Agora ben, como coñecer e que sopesar nunha comparativa entre contas nómina? Aquí tes algunhas ideas para iso:

  • As comisións de administración e mantemento da conta: hai que valorar as distintas opcións no referente a comisións.
  • Goza das últimas ferramentas para o control en liña das túas contas: non te conformes cun aburrido portal web, busca a mellor app.
  • Pensa nos extras, por exemplo, dunha app de primeira: unha aplicación pode servirche non só para revisar as contas, por iso, debes asegurarte de que tamén che permita, por exemplo, pagar co móbil ou dispor de efectivo sen levar a tarxeta enriba.
  • Non todo é unha conta: sopesa a posibilidade de contratar, o día de mañá, algún outro produto engadido como un plan de aforro ou unha hipoteca.
  • Non te comprometas ao que non queiras: esixe flexibilidade no teu contrato e síntete cómodo co que asinas.

A proposta do BBVA

Como banco, o compromiso do BBVA por ofrecer a maior calidade é rotundo. A unha rede de máis de 6.000 caixeiros BBVA e múltiples sucursais súmase unha oferta en liña de calidade, cunha app pioneira que fai do noso banco unha institución líder das últimas tecnoloxías de xestión bancaria. Isto é posible grazas á App BBVA, n.º 1 en banca móbil en Europa segundo a consultora Forrester.
Báner central Non comisións Báner central Non comisións

0 € en comisións pola túa conta e tarxeta.

Coñece a Conta En liña sen Comisións

Por iso, cunha conta no BBVA non só poderás consultar os teus movementos desde calquera dispositivo, xa sexa ordenador, tableta ou móbil, senón tamén realizar pagamentos desde todos eles sen levares a tarxeta contigo. Neste sentido, a App BBVA permíteche un acceso directo a ferramentas de última xeración, como BBVA SmartPay, coas que xestionar rapidamente pagamentos desde o móbil alá onde esteas.

Da comparativa de contas nómina e contas sen nómina despréndese que, ante todo, unha boa conta é aquela que resulta flexible, che ofrece produtos extras e, enriba, non che cobra nada. Unha conta pensada para novos clientes, sen condicións nin comisións, e que tampouco te obriga a domiciliar a túa nómina ou recibos. Así é a Conta En liña Sen Comisións do BBVA. 

Aínda que BBVA non esixe aos seus clientes unha nómina para abrir unha conta, o certo é que cun soldo, salario ou ingresos regulares obterás excelentes condicións, como na Conta Va Contigo, na que, domiciliando unha nómina superior a 800 €, non só non pagas comisións, senón que tes á túa disposición un xestor persoal e todo o seu equipo de asesoramento e axuda desde a app do BBVA.

Aprovéitate das vantaxes de traballar cunha institución de calidade: a túa conta será a chave a excelentes programas de financiamento, liñas de crédito, hipotecas, tarxetas de crédito, etc. Se desexas máis información sobre este produto, no apartado “Contas e tarxetas” de bbva.es encontrarás todos os detalles. Non deixes de dar unha ollada para conseguires unha conta líder no mercado!

CTA Faite cliente CTA Faite cliente
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas