Ir ao contido principal
Principal
  • Persoas
  • Autónomos e empresas
  • Acceso Acceso Acceso
    Acceso Acceso Acceso
  • Faite cliente
  • Menú
    Pechar
Premer enter
Suxestións
    Produtos
    Inicio
    • Contas
      Ver todas as contas
      Conta Online para menores
      • Domiciliar nómina
      • Cambiar ao BBVA
    • Tarxetas
      Ver todas as tarxetas
      Tarxetas de crédito Tarxetas de débito Tarxetas prepagamento
      • Axudámosche a elixir a túa tarxeta
    • Hipotecas
      Ver todas as hipotecas
      Hipoteca Xente Nova Trae a túa hipoteca
      • Simulador de hipotecas
      • Simulador de subrogación
      • Simulador de revisión de hipoteca
      • BBVA Valora
    • Préstamos
      Ver todos os préstamos
      Préstamo Persoal Online
      • Simulador de préstamos
      • Simulador de préstamo coche
      • Simulador de préstamo comunidades propietarios
    • Seguros
      Ver todos os seguros
      Seguros de saúde Seguros de coche Seguros de fogar Seguros de vida Seguros de viaxe Seguro de moto
      • Agrupa os teus seguros
    • Plans de pensións
      Ver todos os plans de pensións
      Plans Previsión País Vasco
      • Buscador de plans de pensións
      • Simulador de plans de pensións
      • Calculadora de desgravación fiscal
      • Deducións ao IRPF
      • Traspasar plan de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
      Bolsa e mercados
      Investimento e trading con accións, ETF e máis
    • Criptoactivos
    • Espazo enerxía
      Ver todas as solucións
      Aforro enerxético Vehículos Comunidades de propietarios
    • BBVA Autorenting
    • Banca Privada
    Oficinas e caixeiros

    Promocións e ofertas

    Proba BBVA sen seres cliente

    Descubre a app do BBVA

    Persoas Autónomos e empresas
    • Inicio
    • Contas
      Ver todas as contas
      Conta Online para menores
      • Domiciliar nómina
      • Cambiar ao BBVA
    • Tarxetas
      Ver todas as tarxetas
      Tarxetas de crédito Tarxetas de débito Tarxetas prepagamento
      • Axudámosche a elixir a túa tarxeta
    • Hipotecas
      Ver todas as hipotecas
      Hipoteca Xente Nova Trae a túa hipoteca
      • Simulador de hipotecas
      • Simulador de subrogación
      • Simulador de revisión de hipoteca
      • BBVA Valora
    • Préstamos
      Ver todos os préstamos
      Préstamo Persoal Online
      • Simulador de préstamos
      • Simulador de préstamo coche
      • Simulador de préstamo comunidades propietarios
    • Seguros
      Ver todos os seguros
      Seguros de saúde Seguros de coche Seguros de fogar Seguros de vida Seguros de viaxe Seguro de moto
      • Agrupa os teus seguros
    • Plans de pensións
      Ver todos os plans de pensións
      Plans Previsión País Vasco
      • Buscador de plans de pensións
      • Simulador de plans de pensións
      • Calculadora de desgravación fiscal
      • Deducións ao IRPF
      • Traspasar plan de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
      Bolsa e mercados
      Investimento e trading con accións, ETF e máis
    • Criptoactivos
    • Espazo enerxía
      Ver todas as solucións
      Aforro enerxético Vehículos Comunidades de propietarios
    • BBVA Autorenting
    • Banca Privada
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Servizo Cambio de Banco

        Cámbiate ao BBVA e faremos todas as xestións por ti.

      • Simulador de paneis solares

        Calcula o teu aforro con paneis solares na túa vivenda.

      • Apartados: se non o vexo, non o gasto

        Garda diñeiro da túa conta principal e aforra facilmente.

      • Proba BBVA sen seres cliente

        Descubre as funcionalidades da app do BBVA sen abrires unha conta.

      • Bizum

        Envía e recibe diñeiro desde o móbil ao momento. Tan fácil como mandar unha mensaxe.

      • Pagamento móbil

        Deixa atrás o efectivo e paga as túas compras a través do móbil.

      Queres probar a app BBVA sen ser cliente?

      Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
      Máis información
      Oficinas e caixeiros
      Promocións e ofertas
      Proba BBVA sen seres cliente
      Descubre a app do BBVA
      Faite cliente
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA
      NIVEL DE RISCO
      1/6

      Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.

      O BBVA está adherido ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito de España. A cantidade máxima garantida é de 100.000 € pola totalidade de depósitos constituídos no BBVA por persoa.

      Conta de Pago Básica

      A túa conta básica para as túas operativas máis habituais.

      • Para un ou máis titulares.
      • Posibilidade de asociar unha tarxeta de débito ou prepagamento.
      • Transferencias en liña sen custo.

      Como funciona?


      • A Cuenta de Pago Básica é unha conta denominada en euros de uso persoal e non profesional para persoas físicas maiores de idade.

        • Poderá ter acceso a ela quen resida legalmente na Unión Europea, sexa solicitante de asilo ou, aínda sen ter permiso de residencia, non poida ser expulsado, sempre que non teña xa unha conta similar noutra entidade en España.
        • Pode ter un ou máis titulares, que deberán cumprir as condicións previamente descritas.
        • Non é necesario contratares ningún outro produto ou servizo adicional.

        Podes contratar esta conta en calquera oficina BBVA. Antes de asinar o contrato recibirás toda a información precontractual que necesitas.

      Que servizos inclúe?


      • Esta conta inclúe os seguintes servizos:

        • Apertura, utilización e peche de conta.
        • Depósito de fondos en efectivo en euros.
        • Retiradas de efectivo en euros en oficinas ou caixeiros do BBVA situados en España ou noutros estados membros da Unión Europea.
        • Operacións de pagamento mediante unha tarxeta de débito ou prepagamento, incluídos pagamentos en liña na Unión Europea.
        • Operacións de pagamento en euros dentro da Unión Europea, consistentes en pagamentos realizados en execución de cargos domiciliados e transferencias, incluídos os pagamentos realizados en execución de ordes de transferencia permanentes, nas oficinas da entidade e mediante servizos en liña do BBVA.
        • Tamén podes asociar a tarxeta de débito ou prepagamento e realizar pagamentos en liña.

      Custos e comisións


      • Polos servizos descritos no apartado "Que servizos inclúe?", o BBVA cobrará unha comisión mensual máxima, única e conxunta de 3 €. TAE: -1,21% para un suposto de saldo diario de 3000 € constantes durante un ano.

        Esta comisión inclúe: 

        • Tarxeta de débito Ahora ou tarxeta prepagamento Antes sen comisión por emisión e mantemento para cada titular da conta.
        • Ata 120 operacións de pagamento anuais en euros dentro da Unión Europea consistentes en pagamentos realizados en execución de cargos domiciliados e transferencias, incluídos os pagamentos realizados en execución de ordes de transferencia permanentes nas oficinas do BBVA e mediante os servizos en liña do BBVA.

        As operacións de transferencia estándar e inmediatas efectuadas en euros a calquera país da Unión Europea máis Liechtenstein, Noruega e Islandia, que excedan a cantidade de 120 operacións de pagamento anuais, teñen os seguintes custos:

        • Realizadas a través de bbva.es, móbil e caixeiros automáticos BBVA: sen comisión de emisión.
        • Realizadas en oficina: 0,40% sobre o importe (mínimo 6 €).

        Outros servizos habituais:

        • Negociación e compensación de cheques: 0,30 % sobre o importe (mínimo 3 €).
        • As transferencias ao resto de destinos e/ou moedas estarán suxeitas ao establecido polo BBVA no anexo de tarifas, comisións e gastos.
        • Polas retiradas de efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos pertencentes a unha entidade distinta do Grupo BBVA en España en euros, o BBVA repercutirá o mesmo importe da comisión cobrada pola entidade titular do caixeiro ao BBVA. O devandito importe será comunicado pola entidade titular do caixeiro antes da retirada de efectivo.

        O cliente poderá acceder de forma permanente á información relativa ás comisións ou gastos derivados de calquera outro servizo e a todas as explicacións adecuadas a través do sitio web e da aplicación móbil do BBVA, así como nas demais canles de distribución dispoñibles.

      Necesitas máis información?

      É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación desta conta. Aquí podes consultalos:

      IP Cuenta de Pago Básica: documento coa información precontractual, que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.

      FID Cuenta de Pago Básica: documento informativo sobre as comisións aplicadas pola utilización dos principais servizos asociados á conta de pagamento.

      Podes consultar a lista de servizos máis representativos asociados a unha conta de pagamento.

      Para poder contratar a Cuenta de Pago Básica terás que residir legalmente na Unión Europea, ser solicitante de asilo ou, aínda sen teres permiso de residencia, non poderes ser expulsado. Ademais, non debes ter contratada unha conta que permita realizar os mesmos servizos e operacións bancarias noutra entidade en España nas condicións descritas.

      Residentes na Unión Europea

      • Españois: Documento Nacional de Identidade que incorpore o NIF.
      • Estranxeiros comunitarios: pasaporte ou documento de identificación válido no país de procedencia que incorpore fotografía + certificado de residencia nun país da UE.
      • Estranxeiros non comunitarios: pasaporte ou documento de identificación válido no país de procedencia que incorpore fotografía + certificado de residencia nun país da UE ou tarxeta de residencia europea.

      Solicitantes de asilo en España

      • Tarxeta Vermella en vigor.
      • Resgardo de presentación de solicitude de protección internacional.
      • Resgardo de presentación de solicitude de protección temporal.

      Sen permiso de residencia pero cuxa expulsión non sexa posible

      • Documento de identificación válido no país de orixe ou pasaporte (sempre que incorporen fotografía do titular).

       

      Polos servizos descritos no apartado "Que servizos inclúe?", o BBVA cobrará unha comisión mensual máxima, única e conxunta de 3 €. TAE: -1,21% para un suposto de saldo diario de 3000 € constantes durante un ano.

      Esta comisión inclúe: 

      • Tarxeta de débito Ahora ou tarxeta prepagamento Antes sen comisión por emisión e mantemento para cada titular da conta.
      • Ata 120 operacións de pagamento anuais en euros dentro da Unión Europea consistentes en pagamentos realizados en execución de cargos domiciliados e transferencias, incluídos os pagamentos realizados en execución de ordes de transferencia permanentes nas oficinas do BBVA e mediante os servizos en liña do BBVA. As transferencias inmediatas non están incluídas.

      As operacións de transferencia estándar efectuadas en euros a calquera país da Unión Europea máis Liechtenstein, Noruega e Islandia que excedan a cantidade de 120 operacións de pagamento anual teñen os seguintes custos:

      • Realizadas a través de bbva.es, móbil e caixeiros automáticos BBVA: sen comisión de emisión.
      • Realizadas en oficina: 0,40 % sobre o importe (mínimo 4 €).

      Outros servizos habituais:

      • Negociación e compensación de cheques: 0,30 % sobre o importe (mínimo 3 €).
      • As transferencias ao resto de destinos e/ou moedas e as transferencias inmediatas que realice o cliente estarán suxeitas ao establecido polo BBVA no anexo de tarifas, comisións e gastos. 
      • Polas retiradas de efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos pertencentes a unha entidade distinta do Grupo BBVA en España en euros, o BBVA repercutirá o mesmo importe da comisión cobrada pola entidade titular do caixeiro ao BBVA. O devandito importe será comunicado pola entidade titular do caixeiro antes da retirada de efectivo.

      O cliente poderá acceder de forma permanente á información relativa ás comisións ou gastos derivados de calquera outro servizo e a todas as explicacións adecuadas a través do sitio web e da aplicación móbil do BBVA, así como nas demais canles de distribución dispoñibles.

      Se todos os titulares e autorizados dunha Cuenta de Pago Básica teñen recoñecida unha situación de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira, a comisión máxima, única e conxunta polos servizos descritos anteriormente será de 0 €.

      Quen se atopan en risco de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira?

      Encóntranse en situación de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira: 

      • Aqueles clientes cuxos ingresos económicos brutos, computados anualmente e por unidade familiar, non superen os seguintes limiares: 
        • Tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples de doce pagas, vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar. 
        • Tres veces e media ese indicador cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros. 
        • Catro veces ese indicador cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente. 
        • Catro veces ese indicador cando se trate de unidades familiares que teñan no seu seo unha persoa con grao de discapacidade igual ou superior ao 33% recoñecido oficialmente por resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou polo órgano competente das comunidades autónomas. 
      • Aqueles clientes nos que non concorra titularidade, directa ou indirecta, ou ningún dereito real sobre bens inmobles, excluída a vivenda habitual, nin titularidade real de sociedades mercantís, por parte de todos os membros que integren a unidade familiar.
      • As persoas vítimas de trata ou explotación sexual quedarán exentas de cumprir os dous apartados anteriores. Esta condición poderá acreditarse a través do modelo unificado de acreditación expedido polos servizos sociais ou entidade especializada na materia.

      Como podo solicitar a gratuidade?

      O cliente poderá solicitar a situación de especial vulnerabilidade completando o formulario que se lle entregará xunto co resto da documentación da Cuenta de Pago Básica, así coma a documentación indicada nese documento.

      Que documentación teño que presentar?

      A acreditación das circunstancias que darán lugar á gratuidade deberán concorrer en todos os titulares e autorizados. Deberase achegar a seguinte documentación en relación con todas as persoas que conformen a unidade familiar. 

      • Para a acreditación do número de persoas que compoñen a unidade familiar, deberase achegar o libro de familia ou documento acreditativo de inscrición como parella de feito. 
      • Para acreditar a percepción dos ingresos polos membros da unidade familiar, deberase achegar un dos seguintes documentos: 
        • Certificado de rendas e, se é o caso, certificado relativo á presentación do Imposto de Patrimonio, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma, se é o caso, con relación ao último exercicio tributario. 
        • Últimas tres nóminas percibidas. 
        • Certificado expedido pola entidade xestora das prestacións ou subsidios por desemprego, no que figure a contía mensual percibida polos devanditos conceptos. 
        • Certificado acreditativo dos salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas e as entidades locais. 
        • No caso dun traballador por conta propia, certificado expedido polo órgano xestor no que figure a contía mensual percibida en caso de que estivese percibindo a prestación por cesamento de actividade.

      No caso de que o cliente non dispoña da documentación referida no apartado anterior, deberá achegar un informe no que se indique a composición da unidade familiar ou no que se motive a idoneidade para o acceso á gratuidade dunha Cuenta de Pago Básica. Deberás solicitar este informe aos servizos sociais do concello no que esteas empadroado. 

      No caso de ser vítima de trata ou explotación sexual é suficiente presentar o modelo unificado de acreditación expedido polos servizos sociais ou entidade especializada na materia.

      Se o cliente obtén o recoñecemento ao dereito a unha Cuenta de Pago Básica gratuíta, os efectos do devandito recoñecemento produciranse a partir da data de solicitude.

      Réxime especial para persoas procedentes de Ucraína: acude a calquera oficina BBVA onde te informarán sobre como abrir a túa Cuenta de Pago Básica e as condicións para a aplicación deste réxime gratuíto.

      Estamos á túa disposición para calquera aclaración ou información que precises. Podes chamar á Liña BBVA (900 102 801) ou ir a calquera das nosas oficinas, no enderezo electrónico consultasgenerales@bbva.com ou en bbva.es en Atención ao Cliente "teño unha dúbida".

      Ademais, o BBVA pon á túa disposición un servizo de atención ao cliente ao que te podes dirixir para presentar calquera queixa ou reclamación: polo formulario de bbva.es coas túas claves persoais no apartado Atención ao Cliente en "teño unha reclamación", por correo electrónico no enderezo reclamacionesac@bbva.com, ao que te podes dirixir desde o teu correo electrónico validado polo BBVA indicando o DNI e o nome completo, por correo ao apartado de correos 1598-28080 Madrid ou no teléfono gratuíto 900 812 679. Ademais, pódeste dirixir ao Defensor do Cliente, de conformidade co procedemento dispoñible en calquera das oficinas do BBVA, en bbva.es, por correo electrónico a defensordelcliente@bbva.com ou por correo postal ao apartado de correos 14460 - 28080 Madrid. Se non estiveses de acordo coa decisión final da túa reclamación ou queixa, e unha vez esgotadas as instancias que o banco facilita no prazo legalmente establecido, poderás dirixirte ao Servizo de Reclamacións do Banco de España (C/ Alcalá 48, 28014 Madrid), á Oficina de Atención ao Investidor da Comisión Nacional do Mercado de Valores (C/ Edison 4, 28006 Madrid) ou á do Servizo de Reclamacións da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (Paseo de la Castellana 44, 28046 Madrid) segundo corresponda.

      Esta conta non admite descuberto.

      Non, a Cuenta de Pago Básica non ten talonario de cheques nin cartilla.

      Ser cliente do BBVA

      • No BBVA queremos axudarche coas xestións do teu día a día.
      • Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
      • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Contas
      2. Cuenta de Pago Básica: a conta para residentes na UE
      Pé de páxina
      • Máis BBVA

        • Accionistas
        • BBVA Research
        • Emprego no BBVA
        • Rede de axentes BBVA
        • bbva.com
        • Negocio responsable
        • BBVA Asset Management
      • O último

        • O BBVA para menores
        • BBVA Mocidade
        • BBVA para séniors
        • BBVA para colectivos
        • Seguridade
        • Podcast
        • Saúde financeira
      • Calculadoras e simuladores

        • Simuladores máis usados
        • Simulador Cuenta Elección
        • Calculadora de IBAN
        • Calculadora de soldo
        • Divisas e moedas
        • Pagamento de cargos
      • Utilidades

        Se encontraches unha vulnerabilidade no BBVA que nos queres comunicar, por favor, accede a este formulario

        Tramitación de herdanzas

        Blog - Finanzas de un vistazo

        Dicionario económico

        Accesibilidade

        Debedores hipotecarios sen recursos - CBP

      Logo BBVA
      Aviso legal
      Cookies
      Datos persoais
      Informes legais
      Servizos de pagamento
      Tarifas
      Taboleiro de anuncios
      Servizo de atención ao cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. 2025