Experiencias
Servizo Cambio de Banco
Cámbiate ao BBVA e faremos todas as xestións por ti.
Simulador de paneis solares
Calcula o teu aforro con paneis solares na túa vivenda.
Apartados: se non o vexo, non o gasto
Garda diñeiro da túa conta principal e aforra facilmente.
Proba BBVA sen seres cliente
Descubre as funcionalidades da app do BBVA sen abrires unha conta.
Bizum
Envía e recibe diñeiro desde o móbil ao momento. Tan fácil como mandar unha mensaxe.
Pagamento móbil
Deixa atrás o efectivo e paga as túas compras a través do móbil.
Queres probar a app BBVA sen ser cliente?
Se contratas unha Carteira Asesora, cunha achega inicial mínima de 500.000 €, o equipo de Private Banking do BBVA proporache unha carteira axustada ao teu perfil de risco e ás túas preferencias de sostibilidade, acompañándote en todo momento.
Á hora de tomar decisións sobre o investimento, o teu banqueiro privado farache recomendacións personalizadas e só se executarán as que aceptes previamente.
Contamos coa profesionalidade do Comité de Investimentos de Private Banking, a experiencia en análise de BBVA Research e a oferta de Quality Funds na selección de fondos internacionais.
Ofrecémosche solucións adaptadas ás túas preferencias xeográficas, de sostibilidade e á túa situación actual.
Desde a túa app ou o web do BBVA, poderás facer seguimento e coñecer todos os detalles cando queiras.
Monitorizamos de forma continua os mercados e riscos da túa carteira, axustando os niveis de investimento en función do teu perfil investidor.
As nosas Carteiras Asesoradas invisten nunha coidada selección de fondos de investimento tanto de BBVA Asset Management como de xestoras internacionais líderes.
Esta selección de fondos internacionais é realizada por BBVA Quality Funds, a unidade especializada en analizar e escoller fondos, baixo estritos criterios de calidade, consistencia e control do risco.
Co servizo Carteiras Asesoradas podes decidir o rumbo dos teus investimentos. O noso equipo de expertos encargarase de ofrecerche recomendacións coa finalidade de adaptar a túa carteira de investimento en función das túas preferencias para diversificala e optimizar a súa rendibilidade, incluíndo as túas preferencias de sostibilidade.
Tamén se teñen en conta a actualidade dos mercados e as previsións estimadas de futuro. Así, o teu banqueiro privado executará no teu nome as recomendacións personalizadas que aceptes previamente.
Podes contactar co teu banqueiro privado en calquera momento. Ademais, na túa área persoal da app e en bbva.es, terás dispoñible:
Un equipo experto en investimento xestiona a carteira por ti.
Delega a xestión do teu investimento en expertos.
Contrata os teus fondos de forma autónoma cunha achega inicial menor.
A sostibilidade é un aspecto relevante do noso enfoque de investimento. En Private Banking do BBVA integramos os riscos e as oportunidades ambientais, sociais e de gobernanza nos nosos procesos de investimento.
Consulta a seguinte documentación para coñecer estas características ASG que promoven estes produtos:
Calculadoras e simuladores
Utilidades
Se atopaches algunha vulnerabilidade no BBVA da que queres informar, accede a este formulario.