Un plan a longo prazo para vivir hoxe máis tranquilo

Pensas que poderías tirar máis partido ao teu diñeiro? Gustaríache ter un plan para a xubilación? Ou talvez estás a pensar en comprar unha casa coa túa parella? No BBVA gustaríanos axudarche a encontrar respostas ás preguntas que antes ou despois xorden na vida

Como facer crecer os teus aforros

Entender a túa situación económica actual e ter claras as túas metas é necesario para saber que facer cos aforros, xa sexa coas ferramentas de aforro da app para chegar a ter un colchón, ou ben encontrando un investimento afín aos teus obxectivos e co que te sintas cómodo.

O teu patrimonio dunha ollada

Planificar é mirar a medio-longo prazo e o paso previo para facelo é ter claro cal é o teu punto de partida. Dispor dunha visión global da túa economía e saber o que tes menos o que debes é indispensable para tomar decisións financeiras acertadas.

Ter unha débeda saudable é posible

Unha boa saúde financeira non implica que non teñas que endebedarte, senón que debes facelo de forma controlada. A app BBVA axúdache a saber que é o que está dentro das túas posibilidades, ou que poderías conseguir o día de mañá dunha forma realista e cunha estratexia saudable.

Interésache? Descarga a app do BBVA

Queres saber máis sobre saúde financeira?

Outros métodos para mellorar a túa estabilidade financeira

  • Modo baixo control

    Para que poidas visualizar as túas contas e anticipar posibles gastos que poderían desequilibrar o teu control.
  • Modo aforro

    Pomos todas as nosas opcións á túa disposición para que configures o teu modo aforro como te sintas máis cómodo.