Decidir mellor
A suba do custo da vida está quitando valor aos teus aforros. É hora de facer algo
Cada día está todo máis caro por culpa da suba dos prezos que só en 2021 fixo que o teu diñeiro perdese máis dun 6 % do seu valor. Afortunadamente hai unha forma de evitalo que está ao teu alcance: intentar recuperar a rendibilidade dos teus aforros coa axuda dun produto de investimento.
Gratis e sen compromiso
Non sabes de investimento? Non pasa nada, para iso estamos nós
Ese é o noso traballo, coñecer perfectamente como funciona o mundo do investimento para axudarche a encontrar oportunidades de rendibilizares os aforros e mellorares a túa saúde financeira. Ademais, operar cun produto de investimento resultarache case tan sinxelo como facelo cunha conta ou cun depósito.
Pola cantidade tampouco tes que preocuparte. Podes comezar con só 30 €
Para investir non precisas ter unha gran cantidade de diñeiro. Se xa tes un colchón económico para cubrir posibles imprevistos, podes investir nun fondo de investimento desde só 30 € e mesmo ir facendo achegas cada mes.
Propómosche comezar con algo sinxelo: os fondos de investimento
Os fondos son produtos de investimento xestionados por un equipo de profesionais que invisten o diñeiro en activos financeiros para buscar rendibilidade. Teñen a vantaxe de poderes recuperar o diñeiro cando queiras, coas ganancias ou perdas que haxa acumuladas ata ese momento, e tan fácil como facer unha transferencia.
A posibilidade de gañar sempre comporta un risco, pero escolleralo ti
No BBVA sempre saberás con total transparencia cal é o nivel de risco e as comisións que teñen todos os nosos produtos de investimento. Se ti es das persoas que prefiren a máxima tranquilidade, podemos ofrecerche investimentos cun risco baixo.
Se te animas a empezar, acompañarémoste todo o tempo
Con só responder unhas simples preguntas, axudarémosche a decidir mellor cal é o produto de investimento que encaixa coas túas necesidades e co nivel de risco que prefires, de forma gratuíta e sen comprometerte a contratar nada.
E sempre contarás coa experiencia e o apoio dun gran banco no que podes confiar
O noso equipo de xestión está formado por profesionais que teñen como principal obxectivo axudarche a conseguir a máxima rendibilidade para o teu diñeiro. Ademais, a través da nosa app móbil darémosche ideas personalizadas para axudarche a mellorar a túa saúde financeira.
O momento é agora. Non permitas que o teu diñeiro siga perdendo valor nin un día máis.
Gratis e sen compromiso