Coa axuda da app do BBVA e as súas mensaxes personalizadas será máis sinxelo manter o equilibrio entre ingresos e gastos, aforrar para ter un colchón co que facer fronte a imprevistos e darse algún capricho e, incluso, contar cos recursos que nos permitan afrontar o futuro con máis tranquilidade.
Encontra o teu modo aforro e vive máis tranquilo
Sabemos que hai tantas formas de aforrar como persoas no mundo. Por iso, no BBVA pomos todas as nosas opcións á túa disposición para que configures o teu modo aforro como te sintas máis cómodo.
Mellora a túa saúde financeira coa app do BBVA
Sexas como sexas, a app do BBVA aprende de ti para darche ideas adaptadas ás túas necesidades. Así pode axudarche a xestionar mellor as túas finanzas persoais, aforrar diñeiro e planificarte para que poidas sentirte máis tranquilo.
Aforra case sen te decatares
Encontrar o teu propio modo de aforro é imprescindible para alcanzar as túas metas ou simplemente aumentar o teu colchón para o futuro. Para iso, deseñamos regras coas que poderás aforrar ao teu xeito e case sen notalo.
O teu diñeiro. As túas regras
Na app poderás facer que o teu diñeiro e a túa conta se comporten como ti queiras.
Combínaas entre si para tirarlles máis partido.
Modifica, desactiva ou elimina as regras segundo o necesites.
Recibe notificacións para seguir as regras que teñas activadas.
Interésache? Descarga a app do BBVA
Queres saber máis sobre saúde financeira?
Outros métodos para mellorar a túa estabilidade financeira
-
Modo baixo control
Para que poidas visualizar as túas contas e anticipar posibles gastos que poderían desequilibrar o teu control.Máis información -
Modo futuro
Asesorámoste para que encontres as oportunidades que mellor se adapten a ti en cada momento.Máis información
Ven ao BBVA co Paquete Aforro
Dá igual para que vas aforrar, o importante é empezar. Con este paquete tes todo o necesario para pór a túa conta en modo aforro.
Conta Online para o día a día, sen comisións nin condicións. Inclúe a Tarxeta Aqua Débito gratis.
Conta Metas para os teus aforros, sen comisións. Podes crear metas para conseguires os teus obxectivos (un curso, unha viaxe…).
Regras de aforro automático para mover diñeiro dunha conta para outra. Poderás activalas desde a app así que tiveres as dúas contas.