Economía doméstica

Encontra a estabilidade na túa economía doméstica

E se a app do BBVA che fose de axuda para xestionar os teus ingresos e gastos persoais para mellorares as túas finanzas?

Aforrando onde non sabías que o podías facer. Coñecendo con antelación a previsión dos teus gastos, mesmo antes de chegaren, e atendendo ás suxestións da app para intentar encontrar o teu equilibrio financeiro.

Revisa o que gastas

Imaxina a información sobre todos os teus gastos se clasificas a túa economía en categorías e subcategorías. Así é máis fácil saber a que destinas o diñeiro, planificar ou valorar onde poderías crear un ou varios orzamentos.

Orza os teus gastos

Coidar a túa saúde financeira comeza mellorando a xestión e o control dos teus gastos.

E, para iso, podes clasificar a túa economía por tipoloxía de gastos e seguir a súa evolución mes a mes de forma práctica e visual.

Anticipa ingresos e gastos

Levar o control de todos e cada un dos teus gastos non sempre resulta sinxelo. Para cho pór un pouco máis fácil, a app do BBVA mándache mensaxes anticipándoche a información dos próximos movementos da túa conta.

Así terás máis información e estarás avisado de gastos e ingresos menos habituais.