Que datos temos de ti?
Porque sabemos que a transparencia é fundamental, querémosche detallar algúns exemplos de información que temos sobre ti e de onde procede.
Por exemplo, o teu nome, o teu enderezo postal, o teu enderezo electrónico… Así podemos contactar contigo para xestionar os produtos e servizos que tes, que solicites ou que contrates connosco.
Trátase de información básica que nos proporcionas, como o teu domicilio ou a data de nacemento. Con eles facilitarémosche a tarefa de completar información que che pediremos en caso de que te queiras facer cliente.
Aquí inclúese o teu código ou clave que utilizas para acceder e asinar documentos nas nosas canles en liña como o web e a app do BBVA.
Por exemplo, transferencias e movementos dos produtos que tes agregados doutros bancos. Trátase de garantir a privacidade e a seguridade dos teus datos.
Relacionados coa túa actividade económica que nos proporcionaches.
Que podes facer con eles?
Os teus datos son teus e ti tes o control. Nunca facemos nada con eles sen o teu consentimento e os relativos aos teus produtos e servizos están sempre á túa disposición na túa área persoal de non clientes de bbva.es ou da app BBVA para:
Todo acerca do tratamento de datos persoais
Ademais, se os solicitas, recibirás por correo electrónico un ficheiro cos datos persoais que nos facilitases e aqueles que se obtiveron na túa relación contractual co BBVA para podelos transmitir a outra entidade (o que se coñece como portabilidade).
Como os protexemos?