Cando poderei comezar a operar coa miña conta?

Descubre que período de activación de conta che corresponde

As contas BBVA poden ser contratadas por clientes e non clientes en bbva.es ou desde a app BBVA.

Ter a conta operativa significa que xa está activada para podela usar con normalidade:

  • Recibir transferencias ou ingresos.
  • Sen comisión por retirada de efectivo a débito en toda a rede de caixeiros automáticos BBVA.
  • Consultar os movementos e o estado da conta.
  • Realizar toda clase de cobramentos, pagamentos e domiciliacións en liña.
  • Xestións desde o móbil como acender e apagar tarxetas, enviar efectivo ao caixeiro cunha única SMS.

Canto tempo tarda unha conta en estar operativa?

Os prazos variarán en función de se es cliente ou non cliente e do proceso escollido para contratala (se es un novo cliente): desde o móbil ou desde a web.

Se non es cliente...

Se decides contratar a túa conta a través da app BBVA, terás a túa conta operativa de maneira inmediata: unha vez que finalices o proceso correctamente e validemos a túa identidade mediante unha videochamada.

Se xa es cliente...

En caso de contratares unha nova conta, poderás comezar a utilizala desde o primeiro momento.

Se non es cliente...

Se decides contratar a túa conta desde bbva.es, primeiro terás que facerte cliente e proporcionar os datos que che iremos indicando.

Para poderes ter a conta operativa deberás:

1. Completar a túa identificación.

a) Se escolliches a opción "Mensaxeiro", lembra que se porán en contacto contigo a través do número de móbil que rexistraches no proceso de alta.

b) Se escolliches a opción "Número de conta" non debes facer nada. Só queda que o teu banco de orixe confirme que os datos rexistrados no BBVA coinciden coa túa identidade.

2. Enviar a documentación requirida:

- Se non anexaches o teu documento de identidade (fotografía ou escaneado do teu DNI/NIE), deberás envialo ao enderezo electrónico: altaclientes@bbva.com

- Nalgúns casos pódese solicitar outro tipo de documentación. Lembra que podes consultar a documentación pendente de entrega entrando coas túas claves de acceso (DNI + contrasinal) en bbva.es. Se o envío da documentación e identificación é correcto, a conta estará operativa nun prazo de 7 a 10 días

Se xa es cliente...

En caso de contratares unha nova conta por bbva.es, poderás comezar a utilizala desde o primeiro momento.

Queres coñecer o estado do teu proceso?

Se queres coñecer a situación do teu proceso de alta como cliente: 

  • Accede a bbva.es ou á app do BBVA coas túas claves de acceso (DNI + contrasinal).
  • Na pantalla de inicio poderás comprobar o estado do teu proceso e verificar que non tes ningún documento pendente.
  • Se tes algún documento pendente podes elixir a forma de envío e identificación (mensaxeiro, correo electrónico, etc).