Onde podo pagar co móbil?

Contámosche que pasos debes seguir para saber en que establecementos podes pagar co teu móbil.

Hoxe en día é moi común non levar a carteira enriba. É por isto que moitos usuarios escollen o móbil como a solución perfecta para substituír os billetes, moedas e tarxetas, e así pagar as súas compras de forma máis cómoda.

Pero, como asegurarme de que vou poder pagar co meu móbil? Sigue estes sinxelos pasos, é moi fácil e terás a seguridade de non ter ningún imprevisto:

  1. É importante que te fíxes na entrada da tenda/restaurante ou establecemento comercial onde vaias realizar a compra se admite as tarxetas do mesmo emisor das que ti dispós. O BBVA dispón de tarxetas VISA ou MasterCard.
  2. Pregunta en caixa se o TPV ou datáfono da tenda dispón de tecnoloxía contactless ou NFC. Se o prefires tamén podes preguntar se podes pagar co teu móbil directamente xa que moitos dependentes están informados e formados para atender a túa petición.
  3. Lembra que nalgúns establecementos hai un importe mínimo para pagar con tarxeta. No caso de pagar co móbil aplica a mesma regra polo que é conveniente preguntar con antelación para non levar ningunha sorpresa.
  4. Aínda que non é obrigatorio, algunhas tendas obrígante a mostrar o teu DNI (ou pasaporte). En principio non é necesario xa que con cada compra deberás introducir a túa clave secreta no TPV ou datáfono e iso servirá para asinar con seguridade a operación e para identificar o propietario da tarxeta.