Como funciona un caixeiro automático

Que se agocha detrás da pantalla do caixeiro automático? Coñece o seu funcionamento

O proceso é coñecido por todos: busco un caixeiro, introduzo a tarxeta, identifícome co meu número secreto, decido a cantidade que preciso e, nun intre, recibo o meu diñeiro. Pero, como funciona en realidade un caixeiro automático?

O que de primeiras parece sinxelo é en realidade un complexo proceso que combina informática, tecnoloxía e investigación dende hai algúns anos. Os antepasados máis directos dos nosos caixeiros automáticos remóntanse aos anos setenta do século XX. E, aínda que os primeiros caixeiros automáticos non dispuñan dun "ordenador", tal e como o coñecemos hoxe, non tardou en desenvolverse unha tecnoloxía informática pensada para eles que, aínda a día de hoxe, se aplica introducindo constantes evolucións.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.
Na actualidade, todos os caixeiros teñen integrado un ordenador cun software que regula o mecanismo do dispositivo e que controla as consultas ou operacións. Porque un caixeiro, en efecto, non é só unha ferramenta para efectuar retiradas de efectivo e incluso ingresalo, senón que ademais serve para consultar movementos ou facer xestións de todo tipo.

O funcionamento do caixeiro automático en poucos pasos

Ao usares un caixeiro electrónico desátase toda unha reacción tecnolóxica en cadea. O primeiro que hai que facer é introducir unha tarxeta na rañura. Xa dende este intre, un dispositivo le a tarxeta e conéctase automaticamente co banco. Así, tras unha comprobación de rigor cunha clave persoal, o cliente pode acceder a diferentes opcións.

Supoñamos que o que desexa o cliente é realizar retiradas de efectivo.
Este é, sen dúbida, o obxectivo principal dos caixeiros e o que máis xustifica a súa presenza. Sobre todo, porque unha ampla conexión dos bancos che permite dispor de efectivo desde caixeiros doutras entidades (ás veces, iso si, aboando unha comisión por facelo).

Cando se solicita realizar unha retirada de efectivo a crédito ou débito mediante tarxeta, o que fai o caixeiro automático é pedirche que marques unha cantidade exacta para, en consecuencia, contar e darche o diñeiro rapidamente. Este proceso sucede grazas a unha precisa combinación de máis de 400 compoñentes que, nunha perfecta engrenaxe de sete pasos, resolven o proceso para darche os teus billetes:

  • O cliente teclea a cantidade desexada (nalgúns casos, mesmo pode elixir a combinación de billetes).
  • O caixeiro comproba a dispoñibilidade de saldo e, no caso de haber dispoñibilidade, dáse a autorización.
  • Diferentes bandexas cos billetes poñen a disposición do mecanismo o diñeiro.
  • Unha complexa engrenaxe colle un a un os billetes desexados.
  • Un sensor óptico comproba a cantidade e a veracidade dos billetes.
  • Unha rañura ou un compartimento ábrese e entrega ao cliente o efectivo solicitado.
  • Pregúntaselle ao cliente se desexa un comprobante e, tras a resposta, péchase o proceso e desconéctase a sesión.

Todo isto acontece en tan só uns segundos que, ademais, deben ser suficientes para garantir os maiores estándares de calidade. As diferentes bandexas do caixeiro poden conter até 3000 billetes de diferentes cantidades, de xeito que a precisión ten que ser grande, así como a seguridade.

É seguro un caixeiro automático? Por parte do banco, abofé que si. Unha inmensa caixa forte e un probado software (sempre baixo supervisión) garanten unha tramitación segura das xestións. Agora ben, por veces poden darse manipulacións fraudulentas do caixeiro, de xeito que se hai algo raro que chame a atención, antes do seu uso, será mellor ir con tino.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

A oferta do BBVA para xestións dende o caixeiro automático

Cando se opera dende un caixeiro automático da propia entidade bancaria, as opcións que amosa o menú de benvida son diversas. No caso concreto do noso banco, un cliente do BBVA que se dirixa a un caixeiro do BBVA poderá facer diferentes consultas (de saldo, de movementos, pedir extractos) ou operacións (retirada e ingreso de efectivo, realizar transferencias ou traspasos, pagar recibos ou impostos, enviar diñeiro ao estranxeiro ou recargas móbiles, entre outras cousas).

En definitiva, as necesidades bancarias dos clientes satisfanse de maneira inmediata dende o caixeiro automático, que é no fondo unha ferramenta que distribúe e xestiona automaticamente as contas bancarias. E unha entidade coma o BBVA compite por manterse á cabeza tecnolóxica nestes aspectos. Coñece na nosa sede virtual a dispoñibilidade de caixeiros do BBVA, así como as posibilidades de xestión que che permiten.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.