Para que situacións serven os seguros de accidentes

Pensaches que acontecería se no futuro sofres un accidente que che impida continuar traballando?

Ademais dos clásicos seguros de vida, existen tamén os seguros de accidentes; contratando un non evitarás as consecuencias dun imprevisto, pero si que, en caso de che acontecer, te poida axudar a que sexa o máis soportable posible.

Para que entendas ben o sentido deste produto, no seguinte artigo explicámosche que son en realidade os seguros de accidentes, que cobren e como podes conseguir un.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

A frecuencia dos accidentes

Aínda que pareza difícil de crer, moitas veces prodúcense auténticos dramas debido a accidentes imprevisibles: unha mala caída dunha banqueta, un corte desafortunado ou, simplemente, un despiste poden desencadear situacións desfavorables. E, ás veces, estes casos, curiosamente, non están contemplados por un seguro de vida, de modo que paga a pena reparar, aínda que sexa por un momento, en todo o que pode pasar por accidente e como protexerse ante iso.

Pódense tomar moitas medidas de prevención, sen dúbida! Agora ben, os accidentes son precisamente iso: feitos imprevisibles. Estes danos adoitan medirse, polo xeral, nunha escala que se inicia con graos de invalidez (temporal ou permanente) e que se estende ata o falecemento.

Canto ao ámbito, e como a maioría dos accidentes que se producen na actualidade ten lugar no medio laboral, é moi importante ter en conta que coberturas abarca o seguro á hora de asinar un contrato.

Non obstante, aínda que unha parte notable dos accidentes ten lugar no ámbito laboral, hai outros moitos que acontecen no ámbito doméstico. E estes non necesariamente teñen que estar vinculados con actividades de risco, pois algunhas simples tarefas do día a día poden derivar nun accidente: desde unha caída na bañeira ou sobre un piso mollado ata lesións na cociña, pasando por actividades de lecer ou de deporte aparentemente inofensivas. Todas elas poden acabar en danos irreparables.

O sentido do seguro de accidentes e as súas coberturas

Un seguro de accidentes, por un lado, protéxete das consecuencias económicas que derivan dos riscos de accidentes, tan presentes na vida diaria, e, polo outro, complementa as túas necesidades de protección e a da túa familia, tanto no ámbito privado como no profesional.
Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Co Seguro Protección Familiar BBVA, tes á túa disposición unha cobertura do máis completa tanto a nivel de falecemento como en todo o referente a servizos e prestacións asistenciais ao servizo do asegurado que sufrise un accidente, como son: 

  • Cobertura de falecemento por calquera accidente, tamén de circulación. 
  • Cobertura de falecemento do cónxuxe no mesmo accidente, tamén de circulación, no que falece o asegurado. 
  • Cobertura de incapacidade permanente absoluta por accidente. 
  • Gastos médicos para tratar as consecuencias do accidente. 
  • Indemnización diaria por accidente. 
  • Asistencia por hospitalización domiciliaria por accidente. 
  • Psicólogo presencial. 
  • Defensa xurídica por accidente. 
  • Segundo diagnóstico por incapacidade permanente absoluta por accidente. 
  • Capital fixo de 100.000 € sen distinción de idade nin de sexo. 

O Seguro Protección Familiar BBVA é, polo tanto, unha alternativa para que en caso de que, por causa dun accidente, sufras unha diminución dos teus ingresos ou un aumento dos gastos, te axude temporalmente a facer fronte a esa nova situación persoal e laboral. Ademais, é compatible con outros seguros en que o tomador teña asegurada a súa vida.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.